Vanessa Morgan
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1992 ![]() Otava, Canadá ![]() |
Educación | Colonel By Secondary School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, cantante ![]() |
Período de actividade | 2000 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Michael Kopech (2020–2020), divorcio ![]() |
Parella | James Karnik ![]() |
Sitio web | vanessamorgan.ca ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vanessa Morgan Mziray, nada en Ottawa (Ontario) o 23 de marzo de 1992,[1] e unha actriz, cantante e modelo canadense, coñecida polos seus papeis de Sarah Fox no filme e na serie My Babysitter's a Vampire, Hannah en Geek Charming, Lyria en The Shannara Chronicles e Toni Topaz en Riverdale.[2]
Vida e carreira
[editar | editar a fonte]Naceu en Ottawa, Ontario. O seu pai é de África Oriental e a súa nai é de Escocia. Ela gañou o certame Miss América Junior en 1999.[3] Graduouse de Colonel By Secondary School en 2010. Morgan fixo aparicións na película A Diva's Christmas Carol en 2000 e unha aparición en 2010 en Frankie and Alice.
Morgan iniciou a súa carreira como actriz na serie de televisión de Family Channel The Latest Buzz, interpretando a Amanda Pierce, onde ela era un dos personaxes principais, nesta serie, ela interpretaba á filla do dono da revista, onde Amanda cobre artigos de Moda.
En 2010, Morgan interpretou a Marion Hawthorne na película de Disney Channel Harriet the Spy: Blog Wars. Ao ano seguinte, interpretou a Sarah na película de Disney Channel/Teletoon My Babysitter's a Vampire, así como na serie de televisión co mesmo nome.
En 2011, Morgan apareceu na película orixinal de Disney Channel Geek Charming xunto a Matt Prokop e Sarah Hyland. Tivo un papel recorrente na temporada 2 da serie de Disney Channel ANT Farm como Vanessa, a moza de Cameron.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En xullo de 2019, Morgan comprometeuse co xogador de béisbol Michael Kopech.[4] Casaron o 4 de xaneiro de 2020.[5] O 19 de xullo de 2020, Kopech pediulle o divorcio.[6] En xullo dese mesmo ano, Morgan anunciou o seu embarazo.[7] O 29 de xaneiro de 2021, deu a luz a un neno.[8] O 3 de febreiro de 2021, deuse a coñecer o nome do seu primeiro fillo, River Dante.[9]
Filmografía
[editar | editar a fonte]![]() | Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Ano | Película | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2000 | A Diva's Christmas Carol | Mozo Ebony | Película de televisión |
2007–2010 | A última onda | Amanda Pierce | Rol principal |
2009-2012 | Summer Camp | Lindsay | Papel Recorrente |
2010 | Harriet a Espía: Guerra de Blogs | Marion Hawthorne | Disney Channel Orixinal Movie |
2010 | Frankie and Alice | Mozo Frankie | Debut en cine |
2010 | A miña aia é un vampiro | Sarah Fox | Película de televisión |
2011 | Un chiflado encantador | Hannah | Disney Channel Orixinal Movie |
2011–2012 | A miña aia é un vampiro: A serie | Sarah Fox | Rol principal |
2012 | Programa de talentos | Jeanne / Vanessa | 4 episodios |
2013 | Degrassi | Vanessa | 2 episodios |
2014 | Finding Carter | Beatrix "Bird" Castro | |
2017 | The Shannara Chronicles | Lyria | Rol principal |
2017—2023 | Riverdale | Antoinette «Toni» Topaz | Repartición recorrente, 17 episodios (tempada 2) Repartición principal, 42 episodios (tempada 3-presente) |
2018 | Pimp | Destiny | Rol Principal |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cast bios for Geek - Vanessa Morgan "Hannah"". Disney Channel Netflix Medianet. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2011.
- ↑ "The Celebrity Dish Twenty Minutes with Bruce McDonald and Vanessa Morgan". UrbamMoms.ca. 5 de outubro de 1930. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2011.
- ↑ "Vanessa Morgan News". VanessaMorgan.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2011.
- ↑ "Brielle Biermann's Ex Michael Kopech Engaged to Riverdale's Vanessa Morgan: 'I Love You Intensely'". 3 de xullo de 2019.
- ↑ "Riverdale Actress Vanessa Morgan Weds MLB Star Michael Kopech". 4 de xaneiro 2020.
- ↑ "Michael Kopech Files for Divorce from Pregnant Riverdale Star Vanessa Morgan After 6 Months of Marriage".
- ↑ Morgan, Vanessa. "Exciting news".
I am overjoyed to be welcoming my baby boy into the world this January
- ↑ Cardoza, Riley (31 de xaneiro 2021). "Baby Boy! Riverdale's Vanessa Morgan Gives Birth to 1st Child" (en inglés).
- ↑ "Vanessa Morgan (‘Riverdale’) ya es mamá". Consultado o 4 de febreiro de 2021.