Rita Bosaho
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rita Gertrudis Bosaho Gori 21 de maio de 1965 (59 anos) Malabo, Guinea Ecuatorial |
Deputada de España | |
12 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Alacant |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Podemos |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | Enrique Gori Molubela, tío materno |
Rita Gertrudis Bosaho Gori,[1] nada en Santa Isabel, Fernando Poo, o 21 de maio de 1965,[2] é unha sanitaria, activista e política española de orixe ecuatoguineana.[3] Entre 2020 e 2023 foi directora xeral para a Igualdade de trato e Diversidade Étnico Racial do Ministerio de Igualdade. Membro de Podemos, foi deputada no Congreso durante as lexislaturas XI e XII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Guinea Ecuatorial, desenvolveu a súa vida en España. Provén dunha familia de políticos, algúns deles asasinados por causas políticas en Guinea Ecuatorial tras a súa independencia de España (durante a ditadura de Francisco Macías Nguema).[4] É sobriña de Enrique Gori Molubela, procurador nas Cortes Españolas durante o franquismo pola antiga provincia española de Fernando Poo.[5]
É licenciada en Historia pola Universidade de Alacant, ten un mestrado en Identidades e Integración na Europa Contemporánea e desenvolve a súa tese doutoral sobre o impacto da colonización europea en África. Ten máis de vinte anos de experiencia laboral na sanidade pública e participa de maneira regular en diversas organizacións sociais alacantinas.[2]
Militante de Podemos, foi cabeza de lista ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Alacant da coalición Compromís-Podemos-És el moment de face ás eleccións xerais de 2015.[1][6] Electa deputada para a XI lexislatura, é destacada como a primeira persoa negra en ocupar un escano no Congreso de Deputados da actual democracia (o seu tío ocupou un escano no Franquismo).[7][6]
En xaneiro de 2020 foi elixida para encabezar a Dirección Xeral para a Igualdade de trato e Diversidade Étnico Racial do Ministerio de Igualdade.[8] Tomou posesión do cargo o 31 de xaneiro.[9] Cesou en decembro de 2023.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Candidaturas presentadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 977/2015, de 26 de outubro Arquivado 22 de novembro de 2015 en Wayback Machine., na páxina oficial do BOE.
- ↑ 2,0 2,1 Quién es quién en la lista a la provincia de Alicante de Clar que Podem que lidera Antonio Montiel, en valenciaplaza.com.
- ↑ Los críticos de Podemos cuestionan a Bosaho como cabeza de lista, en elmundo.es.
- ↑ La alicantina Rita Bosaho forma parte de la lista de Pablo Iglesias en las primarias para las Generales, en 20minutos.es.
- ↑ La alicantina Rita Bosaho forma parte de la lista de Pablo Iglesias, en laverdad.es.
- ↑ 6,0 6,1 "Listado de los diputados electos en los comicios de hoy". elconfidencial.com. 21 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2015.
- ↑ "El Congreso nace paritario en la XIV Legislatura con 152 diputadas, aunque son 14 menos que en el periodo anterior - El Derecho - Sector Jurídico". El Derecho (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2019.
- ↑ La elegida para encabezar la Dirección de Igualdad de Trato y Diversidad étnico-racial renuncia para evitar el malestar de colectivos antirracistas en eldiario.es
- ↑ EFE. "El equipo del Ministerio de Igualdad promete construir un país "verdadera feminista" al tomar posesión". eldiario.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Beatriz Carrillo de los Reyes, nueva directora general para la Igualdad de Trato y No Discriminación y contra el Racismo". Servimedia (en castelán). 2023-12-05. Consultado o 2023-12-08.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rita Bosaho |