Ringo Lam
Aparencia
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de decembro de 1955 Hong-Kong británico |
| Morte | 29 de decembro de 2018 Hong Kong |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Residencia | Hong Kong |
| Educación | York University |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filme |
| Ocupación | director de cinema, realizador, produtor de cinema, guionista, actor |
| Período de actividade | 1983 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Irmáns | Nam Yin |
| Descrito pola fonte | Ringo Lam, Director of Hong Kong Classic ‘City on Fire,’ Dies at 63 (en) |
Ringo Lam, nado en Hong Kong o 8 de decembro de 1955 e finado en Ma On Shan (Hong Kong) o 29 de decembro de 2018, foi un director de cine chinés coñecido polos seus filmes de acción.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como axudante de produción e produtor para a televisión. En 1978 marchou para o Canadá e estudou na escola de cine de York University, Toronto. En 1981 o seu amigo Chow Yun-fat animouno para que volvese a Hong Kong e conseguiu axuda para realizar a súa primeira película, Yam yeung choh (Espírito de amor) en 1983.
En 1987 con Lung fu fong wan (Cidade de lume) conseguiu a súa obra máis celebrada que vai estar na base da película de Quetin Tarantino Reservoir Dogs.
Dirixiu a Jean Claude Van Damme en Maximum Risk (1996), Replicant (2001) e Salvaxe (2003).