Rieiro, Arantón, Santa Comba
Rieiro | |
---|---|
Parroquia | Arantón |
Concello | Santa Comba |
Coordenadas | 43°03′32″N 8°49′48″O / 43.058757964365, -8.8299534659011Coordenadas: 43°03′32″N 8°49′48″O / 43.058757964365, -8.8299534659011 |
Poboación | 37 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rieiro é un lugar da parroquia de Arantón no concello coruñés de Santa Comba na Comarca do Xallas. A súa poboación no ano 2018, segundo o Instituto Nacional de Estadística, era de 37 habitantes, dos cales 21 eran mulleres e 16 homes. Atópase a escasos seis quilómetros da vila de Santa Comba, capital do concello homónimo.
Descrición do lugar[editar | editar a fonte]
Rieiro é unha pequena aldea da comarca do Xallas que aínda conserva algún vestixio do rural galego anterior á guerra civil. Pequenas casas de pouco máis de dous metros de altura, hórreos cheos de cereal e gando pastando ao carón das eiras privadas son algunhas mostras.
A escasos metros do lugar atópase o río Xallas, cunha antiga presa de pedra e unha ribeira chá que fai posible tumbarse ao carón do río sen perigo.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Arantón[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Arantón no concello de Santa Comba (A Coruña) | |
---|---|
As Antes | Arán | Arantón | A Cabreira | A Cova | A Ponte de Abaixo | Rieiro | O Valiño | Vilarnovo | A Xesteira |