Richard Dean Anderson
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1950 (74 anos) Minneapolis, Estados Unidos de América |
Residencia | California |
Educación | Universidade de Ohio St. Cloud State University (en) Roseville Area High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, produtor de televisión, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión, xogador de hóckey sobre xeo |
Período de actividade | 1976 - |
Deporte | hóckey sobre xeo |
Familia | |
Fillos | Wylie Anderson |
Pais | Stuart Jay Anderson e Jocelyn Rhae Carter |
Premios | |
| |
Páxina web | rdanderson.com |
|
Richard Dean Anderson, nado o 23 de xaneiro de 1950 en Minneapolis, é un actor e produtor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como actor en 1976 como o doutor Jeff Webber na serie General Hospital, protagonizou a serie Seven Brides for Seven Brothers (1982-1983) baseada no filme homónimo pero o seu salto á fama debeuse á serie MacGyver (1985–1992), posteriormente apareceu en filmes, entre eles Through the Eyes of a Killer (1992), Pandora's Clock (1996) e Firehouse (1997).
En 1997 volveu á televisión como o actor protagonista da serie Stargate SG-1, secuela do filme de 1994 Stargate. Interpretou o papel protagonista entre 1997 e 2005 e tivo un papel recorrente entre 2005 e 2007. Desde 1997, o único filme onde Anderson apareceu foi Stargate: Continuum estreado en 2008 como unha secuela de Stargate SG-1 que fora cancelado en 2007. Anderson apareceu nas dúas seguintes series da franquía Stargate Stargate: Atlantis e Stargate: Universe (como o tenente xeneral Jack O'Neill).
Xunto con Michael Greenburg creou a produtora Gekko Film que produciu a maioría das tempadas de Stargate SG-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Dean Anderson |