Saltar ao contido

Sete noivas para sete irmáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sete noivas para sete irmáns
Imaxe
Póster de filme
(1954)
 Instancia de
 Parte de
 Título
Seven Brides for Seven Brothers (en) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Maquillador/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1954 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ao mellor filme en cor (12 de febreiro de 1955)
Óscar ó mellor filme (12 de febreiro de 1955)
Óscar ó mellor guión adaptado (12 de febreiro de 1955)
Óscar á mellor montaxe (12 de febreiro de 1955)
Óscar á mellor música cinematográfica orixinal (12 de febreiro de 1955) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 104 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF224737439 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0002-E86A-0000-5-0000-0000-M Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gcrg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
89% Rotten Tomatoes (30 de xaneiro de 2025)
7.7/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0047472 Filmaffinity: 952510 Allocine: 35955 Rottentomatoes: m/seven_brides_for_seven_brothers Mojo: sevenbridesforsevenbrothers Allmovie: v43833 TCM: 16147 Metacritic: movie/seven-brides-for-seven-brothers TV.com: movies/seven-brides-for-seven-brothers Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sete noivas para sete irmáns (en inglés: Seven Brides for Seven Brothers) é un filme musical estadounidense de 1954 dirixido por Stanley Donen, con música de Saul Chaplin e Gene de Paul, letras de Johnny Mercer e coreografía de Michael Kidd. O guión, de Albert Hackett, Frances Goodrich e Dorothy Kingsley, baséase no relato "The Sobbin' Women", de Stephen Vincent Benét, que está á súa vez inspirado na antiga lenda romana do rapto das sabinas. O filme, ambientado en Oregón en 1850, é coñecido particularmente pola pouco habitual coreografía de Kidd, que creou números de baile a partir de actividades mundanas da fronteira como cortar madeira ou construír un alpendre. A crítica de cinema Stephanie Zacharek denominou a escena do alpendre como "un dos máis impactantes números de baile nunca levados á pantalla".[1]

O filme gañou o Óscar á mellor banda sonora de musical e foi candidato a outros catro premios, incluído o de mellor filme. En 2006, o American Film Institute considerou Sete noivas para sete irmáns un dos mellores filmes musicais da historia. En 2004, o filme foi incluído para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 24 de xullo de 1993.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O máis vello dos sete salvaxes irmáns Pontipee, Adam, decide casar coa guapa Milly e levala á súa cabana xunto cos seus seis irmáns. Entón estes deciden baixar á vila e conseguir unha muller para cada un.

Os irmáns e as noivas

Para interpretar os números de baile e as secuencias de acción o coreógrafo Michael Kidd quería bailaríns que interpretasen os seis irmáns de Adam Pontipee. Non obstante, foi capaz de integrar no elenco dous intérpretes con contrato coa MGM que non eran bailaríns, Jeff Richards, que só interpretou os bailes máis simples, e Russ Tamblyn, que apareceu nos números de bailes explotando o seu talento como ximnaste e acróbata.[3][4] As sete noivas eran bailarinas profesionais.

Xente do lugar

Adaptacións

[editar | editar a fonte]
  1. Gold, Sylviane (marzo de 2008). "DEATHS: Michael Kidd (1915-2007)". Dance Magazine 82 (3): 88–89.
  2. La Voz de Galicia, 24-7-1993. Páx. 79
  3. Gilbert, Tom (3-9 de marzo de 1997). "Kidd embraced by the Academy". Variety. p. 54.
  4. Seven Brides for Seven Brothers TCM.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]