Ricardo Zariquiey Cenarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Zariquiey Cenarro
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor em Wikidata
Caparroso, Navarra
Morte8 de setembro de 1943 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Arenys de Munt, Barcelona
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpediatra , entomólogo , carcinólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRicardo Zariquiey Álvarez

Ricardo Zariquiey Cenarro, nado en Caparroso, Navarra en 1870 e finado en Arenys de Munt, Barcelona en 1943, foi un médico pediatra, entomólogo e carcinólogo español. Foi o pai de Ricardo Zariquiey Álvarez, tamén pediatra, entomólogo e carcinólogo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ricardo Zariquiey Cenarro naceu en Navarra, pero trasladouse a Barcelona para cursar a carreira de medicina na universidade desta cidade, especializándose en pediatría. Desde entón quedou sempre en Cataluña. A súa residencia estaba en Arenys de Munt, lugar no que fixo construír unha gran mansión que foi coñecida como Can Zariquiey, que hoxe en día aínda se conserva (a casa e o nome).[1]

Zariquiey Cenarro foi un dos iniciadores en España, desde 1917, da biospeleoloxía, isto é, do estudo dos animais que viven nas covas. Foi acompañado nestes estudos polo seu fillo Ricardo Zariquiey Álvarez (1897-1965), dándose a circunstancia de que durante uns anos, os dous chegaron a traballar conxuntamente no estudo da fauna cavernícola. Á hora de interpretar as actividades dos Zariquiey pai e fillo Zariquiey, aparecen a miúdo dúbidas sobre a autoría, xa que, aínda que asinaban as súas obras cos dous apelidos, cando outros autores falaban deles non adoitaban facer esta diferenciación. En 1917, cando os dous se dedicaban á biospeleoloxía, o pai tiña 47 anos, e o fillo, 20. Até 1942, un ano antes da morte do pai, a maioría das investigacións podería deberse tanto a un como ao outro.[1]

Epónimo[editar | editar a fonte]

En 1955, o doutor Francesc Español dedicoulle unha nova especie de coleóptero cavernícola que descubrira na exploración dunha cova da Cerdaña Speophilus cenarroi, en cuxa descrición Español escribiu:

Pláceme dedicar esta especie al que fue distinguido entomólogo español y activo explorador del dominio hipogeo catalán doctor Ricardo Zariquiey Cenarro.[1]
Práceme dedicar esta especie ao que foi distinguido entomólogo español e activo explorador do dominio hipoxeo catalán doutor Ricardo Zariquiey Cenarro.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Zariquiey Cenarro emprégase para recoñecer a Ricardo Zariquiey Cenarro como autoridade na descrición e clasificación en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BIOSP. Associació Catyalana de Bioespeleologia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Español, F. (1944): "Ricardo Zariquiey Cenarro 1870-1943 (nota necrológica)". Graellsia. 2 (1): 27-31.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]