Ricardo Maduro
Nome orixinal | (es) Ricardo Rodolfo Maduro Joest |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de abril de 1946 (78 anos) Panamá |
Presidente de Honduras | |
27 de xaneiro de 2002 – 27 de xaneiro de 2006 ← Carlos Roberto Flores (en) – Manuel Zelaya → | |
Datos persoais | |
Residencia | Tegucigalpa |
Educación | Universidade Stanford Lawrenceville School (en) American School of Tegucigalpa (en) |
Altura | 165 cm |
Actividade | |
Ocupación | economista, político, empresario |
Partido político | Partido Nacional de Honduras |
Familia | |
Cónxuxe | Aguas Santas Ocaña Navarro |
Ricardo Rodolfo Maduro Joest, nado en Panamá o 20 de abril de 1946, é un político e empresario hondureño que foi Presidente da República entre 2002 e 2006. Anteriormente fora director do Banco de Honduras. Pertence ao Partido Nacional de Honduras.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo de pai panameño e nai hondureña, esta á súa vez nada en Guatemala, Ricardo Maduro se graduouse pola Lawrenceville School e despois pola Universidade Stanford. Do seu primeiro matrimonio, con Miriam Andréu, tivo tres fillos, un dos cales foi secuestrado o 23 de abril de 1997 e atopado morto dous días despois.
Despois da morte do seu fillo, decidiu saír candidato á presidencia, tendo como divisa a loita contra a criminalidade[1]. Foi elixido o 2001, asumindo o 27 de xaneiro de 2002. O outubro de 2002 contraeu matrimonio con Ocaña Navarro.
Aínda durante o seu período presidencial, Maduro e a súa filla sufriron un accidente de avión, o 1 de maio de 2005. A pesar da gravidade do accidente, ambos se recobraron do mesmo.
Nas eleccións de 27 de novembro de 2005 o candidato do seu partido Porfirio "Pepe" Lobo, perdeu fronte a Manuel Zelaya do Partido Liberal de Honduras, quen o substituíu no cargo presidencial o 27 de xaneiro de 2006.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2010.