Ricardo Maduro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Maduro
Honduras.RicardoMaduro.01.jpg
Presidente de Honduras
Período27 de xaneiro de 2002 - 27 de xaneiro de 2006
AntecesorCarlos Flores Facussé
SucesorManuel Zelaya Rosales
Datos persoais
Nacemento20 de abril de 1946
 Província de Panamá
OrganizaciónPartido Nacional de Honduras
CónxuxeMelissa Callejas (2009-)[1]
Aguas Santas Ocaña Navarro (2001-2006)
Alma máterUniversidade Stanford
Profesiónempresario e político
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Rodolfo Maduro Joest (nado en Panamá o 20 de abril de 1946) é un político e empresario hondureño que foi Presidente da República entre 2002 e 2006. Anteriormente fora director do Banco de Honduras. Pertence ao Partido Nacional de Honduras.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de pai panameño e nai hondureña, esta á súa vez nada en Guatemala, Ricardo Maduro se graduouse pola Lawrenceville School e despois pola Universidade Stanford. Do seu primeiro matrimonio, con Miriam Andréu, tivo tres fillos, un dos cales foi secuestrado o 23 de abril de 1997 e atopado morto dous días despois.

Despois da morte do seu fillo, decidiu saír candidato á presidencia, tendo como divisa a loita contra a criminalidade[2]. Foi elixido o 2001, asumindo o 27 de xaneiro de 2002. O outubro de 2002 contraeu matrimonio con Ocaña Navarro.

Aínda durante o seu período presidencial, Maduro e a súa filla sufriron un accidente de avión, o 1 de maio de 2005. A pesar da gravidade do accidente, ambos se recobraron do mesmo.

Nas eleccións de 27 de novembro de 2005 o candidato do seu partido Porfirio "Pepe" Lobo, perdeu fronte a Manuel Zelaya do Partido Liberal de Honduras, quen o substituíu no cargo presidencial o 27 de xaneiro de 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

Presidente de Honduras

Segue a:
Carlos Flores Facussé
Ricardo Maduro
Precede a:
Manuel Zelaya
Partido Nacional de Honduras