Ricardo Lorenzo Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Lorenzo Seoane
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata

Ricardo Lorenzo Seoane, nado en Santiago de Compostela cara a 1908, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro en Conxo. En febreiro de 1934 foi detido por intentar entrar no Café Suízo de Compostela, onde se celebraba un baile.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión na causa 361/36 con Luis Villaverde Lapido, Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Manuel Hermida Pintor, Salvador Dopazo Lapido, José Montes e 15 máis, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Volveu ser xulgado por rebelión militar na Coruña en febreiro de 1938.[2] Abríronlle expediente de responsabiliadades políticas en xullo de 1938.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 15-2-1934, p. 8.
  2. La Voz de Galicia, 27-2-1938, p. 4.
  3. BOP A Coruña, 5-7-1938, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]