Ricardo Gómez Buceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Gómez Buceta
Ricardo Gómez Buceta.jpg
Nacemento1900
 Pontevedra
Falecemento24 de decembro de 1936
 Bueu
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Gómez Buceta, coñecido como Ricardito, nado en Pontevedra en 1900 e finado en Bueu o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Depositario e administrador do concello de Bueu. Militante do Partido Galeguista, era compañeiro e colaborador do alcalde Johan Carballeira. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi perseguido e acusado dun desfalco nas arcas do concello. Foi suspendido de emprego e soldo e a familia tivo que vender dúas propiedades para pagar a cantidade reclamada[1]. O 21 de decembro de 1936 foi detido pola Falanxe local, e tres días despois asasinado. O seu cadáver non apareceu. A súa familia marchou de España e estableceuse en Uruguai e Arxentina.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]