Pilar Bértola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pilar Bértola Cabaleiro»)
Infotaula de personaPilar Bértola
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (13/14 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRicardo Bértola Editar o valor em Wikidata

Pilar Bértola Cabaleiro, coñecida como Pilarcita Bértola, nada en Pontevedra en 1920 e finada en Barcelona o 6 de setembro de 1934,[1] foi unha poeta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Ricardo Bértola. Marchou coa familia a Barcelona no ano do seu nacemento. En Barcelona participou en varios recitais de poesía. En 1934 fixo recitais de poesía en Radio Pontevedra e no Teatro Principal da cidade. Enfermou e morreu en Barcelona en setembro. Deixou escrita unha obra titulada Maldita sea la guerra.[2].

O 8 de marzo de 1936 foi obxecto dunha homenaxe na súa vila natal promovido pola Casa de Galicia de Barcelona[3], colocándose unha placa da casa onde nacera no Campo do Boi[4]. O 11 de marzo o Concello de Pontevedra acordou poñer o seu nome á rúa onde nacera[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 7-9-1934, p. 11.
  2. "El País". 09/03/1936. Consultado o 01/02/2017. 
  3. El País, 9-3-1936, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 7-3-1936, p. 14.
  5. El País, 11-3-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]