Reyes Calderón
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1961 (62 anos) Valladolid, España |
Educación | Universidade de Navarra - economía (–1991) Universidade de Valladolid - economía (–1984) |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía e actividade literaria |
Ocupación | escritora, profesora universitaria, novelista, economista |
Empregador | Universidade de Navarra Editorial Planeta |
Páxina web | reyescalderon.es |
Reyes Calderón Cuadrado, nada en Valladolid en 1961, é unha escritora e profesora universitaria española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1984 licenciouse en Economía e Administración de Empresas pola Universidade de Valladolid, onde completou o posgrao no programa de doutoramento en Económicas. Posteriormente trasladouse a Navarra, onde fixou a súa residencia. Desde 1987 é membro da Facultade de Economía e Administración de Empresas da Universidade de Navarra, pola cal obtivo sucesivamente os doutorados en Economía (1991) e Filosofía (1997). Entre 2008 e 2014 foi ademais decana da Facultade de Económicas de dita universidade. No ámbito académico a súa actividade oriéntase ao estudo de boas prácticas de goberno corporativo e de estratexias de anticorrupción e transparencia.[1]
Compaxina a docencia e investigación coa creación literaria. En 2005 publicou a súa primeira novela, Las lágrimas de Hemingway, primeira da serie protagonizada pola xuíza Lola MacHor.
Obras
[editar | editar a fonte]Serie protagonizada por Lola MacHor
[editar | editar a fonte]- Las lágrimas de Hemingway (Editorial Difácil, 2005)
- Los crímenes del número primo (RBA Libros, 2008)
- El Expediente Canaima (RBA Libros, 2009)
- El último paciente del doctor Wilson (Planeta, 2010)
- La venganza del asesino par (Planeta, 2012)
- La puerta del cielo (Planeta, 2015)
- Dispara a la luna (Planeta, 2016)
Outras novelas
[editar | editar a fonte]- El jurado número 10 (Planeta, 2013)
- Tardes de chocolate en el Ritz (Planeta, 2014)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Abogados de Novela (Martínez Roca, Grupo Planeta) por El jurado número 10 (2013)
- Premio Azorín (Deputación de Alacant, Planeta.) por Dispara a la luna (2016)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reyes Calderón. Universidad de Navarra". www.unav.edu. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 2 de novembro de 2016.
- ↑ "Reyes Calderón pone risa y llanto en "Dispara a la Luna", premio Azorín". eldiario.es. Consultado o 2 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.reyescalderon.es Arquivado 12 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.
- «"¿Por qué renunciar a lo que los hombres no renuncian?"», entrevista en El Mundo, 5 de marzo de 2016 (en castelán).
- «"Para tener hijos y escribir hay que ser muy tenaz"», entrevista en El Mundo, 19 de abril de 2016 (en castelán).