Rey Mysterio
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Óscar Gutiérrez 11 de decembro de 1974 San Diego |
| Residencia | San Diego California |
| Grupo étnico | Mexicanos nos Estados Unidos |
| Educación | Montgomery High School, San Diego (en) |
| Altura | 168 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | loitador profesional |
| Período de actividade | 25 de xullo de 2002 |
| Deporte | loita libre profesional |
| Adestrado por | Rey Misterio, Sr. (pt) |
| Familia | |
| Fillos | Dominik Mysterio |
| Parentes | Rey Misterio, Sr., tío El Hijo de Rey Misterio |
| Premios | |
| Sitio web | reymysterio.com |

Óscar Gutiérrez Rubio, nado en Chula Vista (California) o 11 de decembro de 1974, e máis coñecido no ring como Rey Mysterio, é un loitador profesional estadounidense que traballa na marca SmackDown! de World Wrestling Entertainment (WWE).
Rey Mysterio é coñecido internacionalmente polo seu estilo de loita aérea e por empezar a revolución do peso cruceiro nos Estados Unidos na década de 1990, a súa época dentro da empresa de loita chamada World Championship Wrestling (WCW) aínda que empezou a súa carreira nos EUA na empresa Extreme Championship Wrestling (ECW).
A perda da Máscara (WCW)
[editar | editar a fonte]No evento de "pay per view" de febreiro de 1999, SuperBrawl IX, Rey Mysterio fixo parella con Konnan para enfrontarse a Kevin Nash e Scott Hall (Os Forasteiros) nunha loita de máscara polo título, onde Mysterio e Konnan foron derrotados a causa de ser Mysterio noqueado por un "bombazo de poder" por parte de Kevin Nash. A pesar de que Mysterio perdeu a máscara, permaneceu como un dos loitadores máis populares da empresa.
Mysterio despois converteríase nun "mataxigantes", logo de derrotar varios loitadores grandes como Kevin Nash, Bam Bam Bigelow, The Giant e Scott Norton. Logo faría parella con Billy Kidman e se unirían ao grupo Master P's No Limit Soldiers. Despois de que Master P's desapareceu da WCW, formouse un novo grupo coñecido como Filthy Animals, conformado por Eddie Guerrero, Konnan e Rey Mysterio.
World Championship Wrestling (WCW)
[editar | editar a fonte]Rey Mysterio, Jr. ingresou a empresa de loita World Championship Wrestling (WCW) onde empezou a gañar fama no ano de 1996. Foi o estandarte da nova Revolucion Pesocrucero nos EUA. Mudou o seu nome artístico por última vez a Rey Mysterio. en WCW Rey Mysterio tivo loitas moi famosas co Último Dragón, Dean Malenko, Psicosis, Eddie Guerrero e Juventud Guerrera. Co tempo, Rey Mysterio gañou o Campionato do Peso Cruceiro da WCW 5 veces.