Saltar ao contido

Revoltosa Rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revoltosa Rock
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Data de comezo
2005 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Wikidata

O Revoltosa Rock é un festival de música rock que se celebra na parroquia de Santa Cruz de Montaos (Ordes) desde o ano 2005, organizado pola asociación xuvenil A Revoltosa.

A primeira edición naceu coma unha festa particular nunha leira, organizada con escasos recursos. No 2006 celebrouse no antigo campo de fútbol de Nivelos, e tocaron o grupo Os Gin-Tonics (Ordes), Brétema (Santiago de Compostela) e Who’s Varna (Sigüeiro). Tocaron tamén os Jaiteiros da Estaka da Vía, de Pontragha.

No ano 2007, xa con máis promoción (incluída venda de merchandising) e medios, tocaron Skacha, Machina, Kastomä, Skarmento, Extridentes e o grupo de folk Axóuxere.

No 2008 celebrouse no campo de fútbol novo da parroquia, e participaron os grupos Pito de Pikasso, Dekamal, Motor Perkins e os asturianos Skontra.

No ano 2009 diversificouse o festival, con exposición de graffitis, xogos populares, aberto de billarda, degustación de callos e unha sesion de música techno ao remate dos concertos. Tocaron os asturianos Dixebra, Electróxeno, os palentinos Los Kebraos (grupo de tributo a Zikatriz) e Kastomä, que no seu último disco incluíron unha canción adicada ao festival.

No 2010 participaron A Cona Ye-Ye (Ordes), AmachetA (Sigüeiro), Skama la Rede (Asturias) e El Último ke Zierre (Castellón).