Pito de Pikasso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correlingua na Estrada, 2016

Pito de Pikasso é un grupo de Punk-Rock/Rock da zona de Santiago de Compostela, que utiliza o galego coma lingua vehicular nas súas cancións. Mesturan os ritmos punkrock con letras cómicas, provocadoras e surrealistas.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

O grupo nace durante o 2004 en Santiago de Compostela, cun obxectivo claro, facer punk-rock con letras surrealistas mesturadas con moi pouca vergoña, sen máis intención que o rock como forma de diversión propio e alleo.

A formación inicial foi: Guille (collón esquerdo/baixo), na batería (tronco): Milo, Miki Aceite Johnson (collón dereito/guitarra pajillera) e Luko (capullo/guitarra e voz)

No 2004 deron o seu primeiro concerto na Coruña. Seguiron concertos por toda a xeografía galega durante os anos 2005 e 2006 e gravarían a maqueta Sigue por el recto. Non sería ata o 2007 cando comezaron con concertos relativamente importantes, compartindo escenario con grupos como Def Con Dos ou Los Suaves ou acadando a final de diversos concursos a nivel galego. Tamén foi o ano no que editan a súa primeira maqueta, chamada O Sentido está por vir, que conta con catro temas.

Recoñecemento e renovación da formación[editar | editar a fonte]

No 2008 seguen dando concertos, no que comparten cartel con bandas coma Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total, tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008, entra Marek ao baixo, en substitución de Luigi, que entrara coma baixista tamén, no 2008. A formación final queda así: Milo (á batería/tronco):, Miki Spinelli (collón dereito/guitarra pajillera), Luko (capullo/guitarra e voz) e Marek (collón esquerdo/baixo).

En 2009 publican o seu primeiro traballo de larga duración "KRAKSH!¡!" que segue a liña marcada polas anteriores maquetas. Este disco marcaría un antes e despois no grupo, xa que é o que lle dará un certo recoñecemento a nivel galego, realizando unha xira no 2009 para presentalo, no que darían 35 concertos, e no 2010 seguirían coa presentación alcanzando outros 20 concertos por toda a xeografía do país. Este primeiro disco foi gravado por Iago Pico en Pousada Son (Ames).

Na primavera de 2011 sae o segundo LP "De Perrecho a Capitan", que conta con 12 temas de Punk-rock surrealista. Foi gravado e mesturado por Hevi “Na de Alfredo” e masterizado por Dan Millice en Masterdisk (Nova York, EUA).

Despois do verán de 2011, Marek, deixa o grupo por cambios de destino laboral e entra Carlos, que compartiría o posto de baixista entre Pito de Pikasso e Ruxe-Ruxe até comezos de 2014, no que decide abandonar Pito de Pikasso e centrarse en Ruxe-Ruxe. No seu lugar, volve ao posto de baixista o Guille, antigo membro e co-fundador (xunto con Milo e Luko).

No verán de 2012 entra Kike como guitarra en substitución de "Aceite Johnson" Spinelli.

3º disco e xira[editar | editar a fonte]

En 2013, Pito de Pikasso saca o seu 3º disco, "Arrock con Chícharos". A xira de presentación faría que compartan cartel de grupos coma Heredeiros da Crus ou os xa veteranos Zenzar.

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Pito de Pikasso tamén colaborou en discos recompilatorios coma o "Zona Norte", recompilatorio reivindicativo, contra a falta de oportunidades que existen na zona de Ferrolterra e A Mariña Occidental. Tamén contra a falta de locais de ensaio e infraestruturas adecuadas, a falta de salas de concertos, e a falta de apoio institucional aos grupos locais, e co fin de estimular a creación de novas bandas emerxentes na zona.

Tamén formaron parte do disco-homenaxe que realizaron diferentes bandas galegas (entre elas: Ruxe-Ruxe, Machina, Dios Ke Te Crew,....) aos 25 anos da existencia dos "Padriños" do Rock Galego, Zenzar.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2007: O sentido está por vir.
  • 2009: Kraksh!¡!.
  • 2011: De Perrecho a Capitán.
  • 2013: Arrock con Chícharos.
  • Algodón de sucre (2017)

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • 2011: Zona Norte Ortegal
  • 2013: Vai polos Padriños (Tributo aos 25 anos dos Zenzar)

 Videografía[editar | editar a fonte]

 Membros[editar | editar a fonte]

  • Luko (Capullo) - Voz, Guitarra rítmica (dende 2004)
  • Milo (Tronco) - Batería, Coros (dende 2004
  • Ángel (Collón esquerdo) - Guitarra solista, Coros (dende finais 2015)
  • Xabi Dios (Collón dereito)- Baixo, Coros

Antigos membros[editar | editar a fonte]

  • Guille - Baixo (2004-2007)
  • Marek - Baixo (2008-2011)
  • Carlos - Baixo (2012-2014), Ruxe-Ruxe.
  • Mike Spinelli- Guitarra solista (2004-2012), Zootropa
  • Luigi - Baixo (2008)
  • Kike - Guitarra solista (2012- finais 2015)

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]