Saltar ao contido

Revisión oftalmolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión oftalmolóxica
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/045y7t Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003434 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777155141 e C2910741058 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Unha revisión oftalmolóxica é unha serie das probas levadas a cabo por un oftalmólogo (doutor médico), optometrista, ou ortopedista, que avalía a visión e a habilidade para enfocar e discernir obxectos, así como outras probas e exames que implican ós ollos. Os profesionais do coidado da saúde a miúdo recomendan que todas as persoas fagan unha revisión periódica e minuciosa como parte do coidado primario rutineiro, especialmente polo feito de que moitas doenzas de ollo son asimtomáticas.

Os exames dos ollos poden detectar doenzas potenciais do ollo como a cegueira, manifestacións oculares dunha doenza sistémica ou sinais de tumores ou outras anomalías do cerebro.

Test de Snellen.

O exame do ollo consiste nun exame externo, seguido de probas específicas da acuidade visual, a función das pupilas, mobilidade muscular, presión intraocular e unha oftalmoscopia a través da dilatación das pupilas.