Retorno a Tagen Ata (curtametraxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Retorno a Tagen Ata
Ficha técnica
DirectorEloy Lozano
GuiónEloy Lozano
IntérpretesAlfredo Cortón, Manolo Gómez, Pepe de Lage, Ángel Martínez, Delfina Meire, Lourdes Soto
Estrea1974
Duración12 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0216153 Filmaffinity: 847936 Editar o valor em Wikidata

Retorno a Tagen Ata é unha curtametraxe de Eloy Lozano, rodada en 1974 na Merca e A Valenzá baseada na novela homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Historia[editar | editar a fonte]

Retorno a Tagen Ata foi a primeira curta galega en rodarse no formato profesional de 35 mm[1]. Rodada en condicións precarias e sen case presuposto no debut do director, presenta múltiples problemas técnicos pero mantén unha fonda vocación narrativa[2]. A súa estrea foi nas III Xornadas de Cine de Ourense en xaneiro de 1975.[3] A copia orixinal está no CGAI, institución que en 2011 realizou unha nova copia para proxeccións.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eloy Lozano, o cineasta que quería queimar Tagen Ata", artigo de Iago Martínez en El País, 22 de outubro de 2011 (en castelán).
  2. "Retorno ó cine con Eloy Lozano", artigo de Francisco X. Fernández Naval en Faro de Vigo, 24 de novembro de 2012.
  3. Manuel González: Cronoloxía do cine en Galicia 1970-1990, CGAI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]