Resident Evil Survivor 2: Code Veronica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Resident Evil Survivor 2: Code Veronica é un videoxogo de pistola pertencente á serie Resident Evil, baseado no universo de Resident Evil Code: Veronica. Foi producido en 2001 por Namco e Capcom e lanzado para a máquina recreativa NAOMI-2 baseada na arquitectura de Dreamcast. O mesmo ano foi lanzada unha versión para PS2 en Xapón e os territorios PAL. A versión arcade consta dunha metralladora que serve para disparar e para mover a personaxe. Para superar cada escenario hai un tempo limitado. Se se esgota o tempo, aparece Némesis, inimigo en Resident Evil 3.