Saltar ao contido

Representación proporcional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países que usan un escrutinio para representación proporcional, separados por subcategoría. (Listas abertas e pechadas, sistemas mixtos etc.).

A representación proporcional ou escrutinio proporcional plurinominal é un sistema electoral no que a porcentaxe de votos que reciben os partidos políticos determina o número de escanos que lles son asignados nas asembleas lexislativas ou parlamento. Este sistema de representación distínguese do sistema de representación directa porque case todos os partidos políticos son representados no corpo lexislativo, sen importar que non obteñan maioría relativa en ningún distrito electoral. Polo tanto, tamén se chama sistema de representación plena.

Existen diversas formas de representación proporcional, como a representación proporcional con listas de candidatos, nas que os votantes votan por partidos políticos; os partidos presentan unha lista de candidatos aos cales se lles asignan escanos de acordo á porcentaxe de votos que obteñan. Nalgúns países a este sistema de elección denominouse como Sistema de cocientes e subcocientes sendo moi utilizado para a elección de membros de cámaras lexislativas en moitos países.

Outro sistema é o cociente Hare ou voto único transferíbel, o cal non depende da existencia de partidos políticos. Algúns estados, como os Países Baixos, combinan os dous aspectos. A maioría dos países con democracias parlamentarias utilizan sistemas de representación proporcional, aínda que a maioría dos países anglófonos utilicen sistemas de representación directa (salvo Suráfrica, Nova Zelandia, Irlanda, Escocia, Gales, Serra Leoa e Guïana). A maioría dos sistemas presidencialistas utilizan a representación directa, aínda que algúns países latinoamericanos, como a Arxentina e México, aplicaron unha combinación dos dous sistemas.

Outros sistemas electorais

[editar | editar a fonte]

Representación proporcional nas cámaras de representantes

[editar | editar a fonte]

A maioría de cámaras de representantes e parlamentos, como o Congreso dos Deputados ou o Parlamento Galego inclúen métodos de elección para a representación proporcional nos órganos internos e na composición das comisións parlamentarias.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.