Reinhold Ewald
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1956 (67 anos) Mönchengladbach, Alemaña |
Educación | Universidade de Colonia |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, físico |
Tempo no espazo | 19 días, 16 horas e 34 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Reinhold Ewald, nado en Mönchengladbach, Alemaña, o 18 de decembro de 1956, é un astronauta alemán retirado que formou parte das misións Soiuz TM-24 Soiuz TM-25. Pasou un total de 19,69 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ewald graduouse en Física pola Universidade de Colonia en 1977, e é máster en física experimental 1983. Doutorouse en Física en 1986 e ten un grao menor en fisioloxía humana.[1][2]
Ewald traballou como investigador na Universidade de Colonia de 1983 a 1987. En 1987 pasou a formar parte do Centro Aeroespacial Alemán, participando en varios proxectos. En 1990 uniuse ao corpo nacional de astronautas de Alemaña, sendo substituto da misión Mir '92. Formou parte do equipo de apoio da misión Spacelab-D2, durante a STS-55, en 1993. Formou parte das misións Soiuz TM-25, na que viaxou á Estación Espacial Mir, e Soiuz TM-24, na que volveu da mesma. Uniuse ao corpo europeo de astronautas en febreiro de 1999. Finalmente retirouse da ESA en setembro de 2018.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Ewald, Reinhold" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 ESA, ed. (2020). "Reinhold Ewald" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reinhold Ewald |