Soiuz TM-25

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-25
Parche da misión Soiuz TM-25.
TipoTripulada
Data de lanzamento10 de febreiro de 1997, 14:09 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión184,92 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso14 de agosto de 1997, 12:17 GMT[1][6]
NSSDC ID1997-003A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-25 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 10 de febreiro de 1997 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-25, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Reinhold Ewald (alemán), Aleksandr Lazutkin e Vasili Tsibliiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

Durante a misión produciuse toda unha serie de incidentes, incluíndo lumes, perdas de enerxía, problemas co sistema de oxíxeno e térmico, fallos do sistema de control da estación, despresurizacións e unha colisión coa Progress M-34. Tamén recibiron a visita da misión STS-84, da Progress M-35 e da Soiuz TM-26.[2][3][4][5]

A Soiuz TM-25 regresou a terra o 14 de agosto de 1997 ás 12:17 GMT a 170 km ao sueste de Dzezkazgan (Casaquistán). Os retrofoguetes de aterraxe fallaron no momento do impacto contra terra, facendo deste retorno un dos máis duros para os cosmonautas.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 25" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 25" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Letter dated 23 September 1975 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-26737). 26 de setembro de 1997: 6. Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-25" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-25" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017.