Regosol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución de Regosois

Un regosol é, na Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo, un tipo de solo mineral moi pouco desenvolvido que se asenta sobre materiais non consolidados. 

Son moi frecuentes en zonas erosionadas, en particular en áreas áridas ou semiáridas e en rexións montañosas, e en ocasións aparecen na paisaxe asociados a leptosois.

Os regosois ocupan aproximadamente uns 260 millóns de hectáreas de superficie terrestre, especialmente en zonas áridas do medio Oeste dos Estados Unidos, o norte de África, Oriente Medio e Australia

En Galicia aparecen sobre todo como acumulacións de materiais edáficos ao longo das abas e en posicións de cambios de pendente, fundamentalmente en zonas de montaña que sufriron procesos de erosión, principalmente na última glaciación cuaternaria, e en terreos que padeceron procesos de deforestación sucesivos desde a Revolución neolítica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]