Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo
A Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo (en inglés: World Reference Base for Soil Resources (WRB)), é o sistema taxonómico estándar internacional da clasificación dos solos, apoiado pola International Union of Soil Sciences (IUSS). Foi desenvolvido con colaboración internacional coordinada polo International Soil Reference and Information Centre (ISRIC) e patrocinado pola IUSS e a FAO. Esta clasificación substitúe a FAO soil classification.
A WRB adopta os conceptos modernos de clasificación, incluíndo a Soil Taxonomy do USDA, a lenda do Mapa Mundial de Solos da FAO de 1988, o Référentiel Pédologique, e os conceptos da escola rusa.
A clasificación baséase principalmente na morfoloxía do solo como unha expresión da pedoxénese. A maior diferenza co sistema Soil Taxonomy é que o clima do solo non forma parte do sistema, agás se inflúe sobre as características do perfil do solo. Os criterios diagnósticos apóianse sobre os dos sistemas existentes, logrando que a correlación cos previos sistemas internacionais e cos sistemas nacionais, sexan moi axustados.
A WRB é apta para correlacións cos sistemas nacionais e locais. O nivel de detalle correspóndese cos subgrupos da Soil Taxonomy, sen a necesidade de información do clima do solo. Non é para mapas detallados máis alá de escalas máis grandes como 1:200.000, aínda que serve para axustarse con información de substrato para mapear a 1:50000 en estudos rexionais.
Grupos de Solos WRB 2006
[editar | editar a fonte]1. | Solos con capas orgánicas grosas | Histosois (HS) |
2. | Solos con moita influencia humana | |
Solos con uso agrícola longo e intensivo | Antrosois (AT) | |
Solos que conteñen moitos artefactos | Tecnosois (TC) | |
3. | Solos con zona de cultivo limitada por permafrost ou por pedras | |
Solos afectados por xeo | Criosois (CR) | |
Solos pouco profundos ou con moita grava | Leptosois (LP) | |
4. | Solos influenciados pola auga | |
Condicións secas e húmidas alternadas, ricos en arxilas que inchan | Vertisois (VR) | |
Chairas aluviais, zonas húmidas con mareas | Fluvisois (FL) | |
Solos alcalinos | Solonetz (SN) | |
Solos enriquecidos con sales por evaporación | Solonchaks (SC) | |
Afectados por augas subterráneas | Gleisois (GL) | |
5. | Solos con química Fe/Al | |
Alófanos ou complexos Al-humus | Andosois (AN) | |
Queluviación ou quiluviación | Podzois (PZ) | |
Acumulación de Fe baixo condicións hidromórficas | Plintosois (PT) | |
Arxila con baixa actividade, fixación de P, estruturada fortemente | Nitisois (NT) | |
Dominancia da caolinita e os sesquióxidos | Ferralsois (FR) | |
6. | Solos con auga estancada | |
Descontinuidade estrutural abrupta | Planosois (PL) | |
Descontinuidade estrutural moderada: | Stagnosois (ST) | |
7. | Acumulación de materia orgánica, estatua alto de bases | |
Tipicamente móllico: | Chernozems (CH) | |
Transición a un clima máis seco | Kastanozems (KS) | |
Transición a un clima máis húmido | Phaeozems (PH) | |
8. | Acumulación de sales menos solubles ou substancias non salinas | |
Xeso | Xipsisois (GY) | |
Silicatos | Durisois (DU) | |
Carbonato de calcio | Calcisois (CL) | |
9. | Solos con subsolo enriquecido con arxila | |
Linguas albelúvicas | Albeluvisois (AB) | |
Arxilas moi activas baixas en bases | Alisois (AL) | |
Arxilas pouco activas baixas en bases | Acrisois (AC) | |
Arxilas moi activas altas en bases | Luvisois (LV) | |
Arxilas pouco activas altas en bases | Lixisois (LX) | |
10. | Solos relativamente novos ou con pouco desenvolvemento de perfís | |
Coa parte superior ácida e escura | Umbrisois (UM) | |
Solos areentos | Arenosois (AR) | |
Solos moderadamente desenvolvidos | Cambisois (CM) | |
Solos con desenvolvemento de perfís non significativo | Regosois (RG) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- IUSS Working Group WRB: World Reference Base for Soil Resources, fourth edition. International Union of Soil Sciences (IUSS), Vienna 2022. ISBN 979-8-9862451-1-9 ([1]).
- M. Switoniak et al.: Illustrated Handbook of WRB Soil Classification. Wroclaw 2022, ISBN 078-83-7717-386-2. ([2]).
- IUSS Working Group WRB: Base Referencial Mundial del Recurso Suelo, cuarta edición. Unión Internacional de las Ciencias del Suelo (IUSS), Viena, Austria, 2022. ([3]).
- H.-P. Blume, P. Schad: 90 Years of Soil Classification of the IUSS. IUSS Bulletin 126, 38-45, 2015 (PDF).
- W.E.H. Blum, P. Schad, S. Nortcliff: Essentials of Soil Science. Soil formation, functions, use and classification (World Reference Base, WRB). Borntraeger Science Publishers, Stuttgart 2018. ISBN 978-3-443-01090-4.
- W. Zech, P. Schad, G. Hintermaier-Erhard: Soils of the World. Springer, Berlin 2022. ISBN 978-3-540-30460-9.
- P. Schad: World Reference Base for Soil Resources - Its fourth edition and its history. In: Journal of Plant Nutrition and Soil Science 186, 2023, 151–163. doi: 10.1002/jpln.202200417 ([4]).