Saltar ao contido

Referendo escocés de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979
Referendo escocés de 1997
 Instancia de
 Título
Scots devolution referendum o 1997 (sco) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data
11 de setembro de 1997 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02wswj Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.

Preguntas

[editar | editar a fonte]

O referendo escocés de 1997 era un referendo prelexislativo que tivo lugar unicamente en Escocia. O referendo foi establecido polo goberno laborista de Tony Blair, que acababa de gañar as eleccións. Era a segunda consulta que se celebraba no territorio escocés sobre a cuestión da reinstauración dun parlamento autónomo con sede en Edimburgo, despois da frustrada de 1979.

Aos escoceses e escocesas preguntóuselles daquela por dúas cuestións:

  1. Está vostede de acordo en que exista un Parlamento escocés?
  2. Está vostede de acordo en que ese parlamento teña capacidade para variar os impostos?

Resultados

[editar | editar a fonte]

O resultado foi afirmativo para as dúas preguntas.

Primeira pregunta: a cámara

[editar | editar a fonte]
Si Si (%) Non Non (%) Participación (%)
1.775.045 74,3 614.400 25,7 60,4

Segunda pregunta: os impostos

[editar | editar a fonte]
Si Si (%) Non Non (%) Participación (%)
1.512.889 63,5 870.263 36,5 60,4

Resposta do goberno

[editar | editar a fonte]

Estes resultados supuñan un claro apoio á restauración da cámara lexislativa en Escocia. Ora ben, con estes mesmos resultados non se obtería tampouco o apoio que esixía a primeira das consultas, que necesitaba un 50% sobre o electorado, e non sobre o voto emitido. Aínda así, os resultados foron moito máis amplos ca en 1979.

Como consecuencia desta resposta popular, o parlamento británico aprobou a Lei de Escocia de 1998, pola que se creaba un parlamento escocés e un goberno escocés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]