Referendo constitucional das Illas Feroe de 2018
![]() | Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles. |
O referendo para a aprobación dunha nova constitución nas Illas Feroe previsto inicialmente para o 25 de abril de 2018.[1] Os votantes decidirán sobre unha proposta para crear unha constitución feroesa separada de Dinamarca, con vistas a unha futura independencia[2]. Así e todo non se puido celebrar aínda por non se poñer de acordo o parlamento feroés no texto da nova constitución.
O referendo foi anunciado no 2017 polo Primeiro Ministro das illas, Aksel V. Johannesen.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Faroes look at self-determination and closer EU relations EU Observer, 15 de febreiro de 2017
- ↑ Referendum on Faroese Constitution to be held on 25 April 2018, Government.fo (en inglés).
- ↑ "Faroes to hold referendum on new constitution in 2018" (en inglés). 12 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017.