Rede de área extensa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A rede de área extensa ou WAN (acrónimo inglés derivado de "Wide Area Network") é un tipo de rede que cobre unha área extensa. O exemplo máis coñecido de WAN é a propia Internet.

As redes de área extensa acostuman estar formadas por varias redes de área local xuntas, co que os usuarios e computadoras nun lugar poden comunicarse con usuarios e computadoras noutro lugar.

Moitas redes de área extensa pertencen a organizacións particulares e son privadas, outras, feitas por ISPs, proporcionan acceso desde unha LAN dunha organización a Internet.

As WANs utilizan comunmente como protocolo de comunicación TCP/IP, X.25, ATM ou Frame Relay.

Agora que Internet é unha WAN moi rápida, a necesidade de liñas dedicadas por parte das organizacións reduciuse, e son moi utilizadas as redes privadas virtuais, que utilizando encriptación e outras técnicas dan a sensación de ser redes dedicadas, mentres que están a ser aprovaitadas as infroestruturas da WAN.