Rede (wicca)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Menú rapido
Wicca
Correntes
Wicca británica tradicional
Outras denominacións wiccanas
Puntos básicos
Doutrina wiccana Liturxia wiccana
Gerald Gardner Historia da Wicca
Igrexa wiccana Universalismo
Ligazóns
Mundialismo
Eclecticismo
Neopaganismo

A Rede Wicca é un poema que presenta diversos aspectos da relixión neopagana Wicca. "Rede" é unha palabra do inglés medieval que significa "consello" e é normalmente utilizado nese formato, sen tradución, polos wiccanos.

O texto orixinal que forma parte das formas tradicionais refírese nada máis á premisa de "Fai a túa vontade, mentres non dane a ninguén". O poema estendido é obra de Doreen Valente e coñécese como Crede ou Credo Wicca, diferente ao que aquí analizamos como "Rede" (the Rede of the Wiccae) que se atribúe a Lady Gwen Thompson (actualmente Lady Gwynne) fundadora da tradición N.E.C.T.W. (The New England Coven of Traditionalist Witches). Da "Rede" tal como coñecémola de Lady Gwen existen diversas versións adaptadas, alteradas e expandidas de acordo ás particularidades dos adeptos.

Historia[editar | editar a fonte]

O mandato da Wicca que di "fai o que queiras", fixo a súa primeira aparición no libro "The Old Laws" (As Vellas Leis) de Gerald Gardner en 1953. Unha frase similar, "Fai o que queiras é a totalidade da Lei", apareceu no libro "The Book of the Law" (O Libro da Lei) de Aleister Crowley en 1904. A Rede Wicca na súa forma máis coñecida foi usada por Doreen Valente en varios escritos. En 1964 foi rexistrado como un diálogo na forma de "oito palabras". Foi en 1974 que se publicou un poema completo titulado A Rede Wicca, publicado na revista neopagana Earth Religion News. Este foi seguido por un segundo lixeiramente diferente titulado Rede of the Wiccae, que foi publicada na revista Green Egg por Lady Gwen Thompson. ela atribuíuno á súa avoa Adriana Porter, e reclamou que o primeiro texto publicado foi distorsionado da súa "versión orixinal".

A atribución a Porter foi disputada, ata que Porter morreu en 1946, xusto antes de que Gardner publicase "The Old Laws" e ningunha evidencia da autoría de Porter existiu á parte da palabra de Thompson. A linguaxe dos poemas refírese a conceptos wiccanos que non se sabía que existisen para o tempo de Adriana Porter.

Adrian Bott, nun artigo publicado na revista White Dragon en 2003, argumentou que esta creación pode ser situada nalgún momento entre 1964 e 1975. Bott basea o seu argumento no alegado uso indebido do inglés antigo no poema, en particular de "an" en abreviación de "and", e de "ye" no canto de "the". Bott establece que o autor do poema non estaba consciente que esta contracción de "and" non é un arcaísmo, senón un convencionalismo moderno. Segundo Bott, nas "oito palabras" citadas orixinalmente por Doreen Valente, "an" é usada correctamente no sentido do inglés medio de "no caso de" ou "se" e non ten apóstrofo como aparece na obra de Shakespeare. De acordo con Bott ese poema foi un intento de expandir o "pareado" de Valente e convertelo nun credo wiccano, escrito por alguén confundido co uso da lingua arcaica.

Con todo, Bott ignora o feito de que a impresión de "an" cun apóstrofo no sentido arcaico era un costume a finais do século XIX e que "an" como unha abreviación de "and" tamén aparece en Shakespeare.

En contraste con Bott, Robert Mathiesen repite a obxección de "ye", pero argumenta que a maioría dos arcaísmos son usados correctamente. Sen embrago, establece que todos estes arcaísmos derivan dos usos revividos a finais do século XIX. Mathiesen argumenta que estas referencias ao folclore inglés son consistentes coa historia familiar dos Porter. A súa conclusión provisional é que a forma folclórica do poema pode ser escrito por Adriana Porter, pero que foi alterada por Lady Gwen Thompson para engadir material especificamente de Wicca. Mathiesen tamén menciona que a última liña pode ser unha adición de Thompson derivada de Valente.

Interpretacións da Rede[editar | editar a fonte]

A Rede é vista tanto por wiccanos como por outras persoas, como moi similar á "Regra de Ouro" ("Cada acción boa ou mala que fagas regresáchese por triplicado" é unha das súas formulacións típicas), unha crenza supostamente existente en case todas as relixións. Mentres a Regra de Ouro prohibe facer dano subxectivamente, a Rede Wicca non prohibe máis nada que o facer dano a outros, entre os que se inclúe á persoa mesma.

Existe un debate na comunidade neopagana e wiccana sobre o significado da Rede. O debate céntrase no concepto de que a Rede é un consello non un mandamento, así como o feito de que as accións que fan dano non están discutidas na Rede Wicca. Unha expansión deste tema pode atoparse en "Wiccan Ethics and the Wiccan Rede" de David Piper. O concepto da reciprocidade ética non está expresada explicitamente, pero moitos wiccanos interpretan que a Rede implica a Regra Dourada (Golden Rule) na crenza de que o espírito da Rede é facer o ben a un compañeiro ser humano e a un mesmo. Algúns sectores da Wicca non ven diferenzas en facer o ben, algúns se inclúen a eles mesmos, e outros inclúen as plantas e os animais.

Algúns tamén notaron unha similitude coa "Lei do Dano" do filósofo John Stuart Mill no século XIX. Outro antecedente notables é o de san Agostiño de Hipona, "Ama, e fai o que queiras".

Na segunda parte da Rede Wicca a palabra "wilt" é entendida como "will" (vontade). O significado de "will" neste caso é entendido como a "Vontade Real" en oposición ao que se quere. Isto significa que a Rede pode ser entendida como que sempre de debe seguir a "vontade real" no canto de tratar de obter desexos simples ou caprichos e asegurarse que facendo a nosa vontade non danamos a ninguén, incluíndo á persoa mesma. A Rede anima aos wiccanos a tomar responsabilidade persoal polas súas accións.

En adición ao concepto de reciprocidade ética expresado en moitas versións da "Regra Dourada", no entanto, a Rede tamén expresa rexeitamento ao concepto de pecado.

Algúns wiccanos interpretan na Rede que causar dano por inacción é inconsistente coas crenzas da Wicca. Por exemplo, facer un feitizo para incapacitar a un violador de seguir abusando doutros, aínda que poida ser danado polo feitizo, pode ser interpretado como algo lexítimo. Onde un gran dano é causado por inacción, entón a Rede pode alentar acción responsable para previlo.

Esta condición é a que distingue a Rede Wicca doutras versións de principios de non danar. Con todo, outros non están de acordo e cren que calquera dano feito intencionalmente debe ser evitado. ás veces a Rede ten unha segunda liña que aclara o punto: "Se non dana a ninguén, fai o que queiras, se causa dano, fai o que debes."

O rexeitamento de exhortacións específicas e prohibicións de conduta tal como nos Dez Mandamentos do cristianismo e o xudaísmo o que fai o carácter da Rede Wicca un tanto diferente. A Rede é só unha guía a cal debe ser interpretada para encaixala en cada situación particular. Debe ser notado, con todo, que non todos os wiccanos tradicionais seguen a Rede en si; algúns gardnerianos en particular propoñen a Carga da Deusa como unha guía.