Aleister Crowley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAleister Crowley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Edward Alexander Crowley Editar o valor em Wikidata
12 de outubro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Royal Leamington Spa, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Hastings, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteBronquite Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido (1922–)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1922) Editar o valor em Wikidata
RelixiónThelema Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College
Eastbourne College (en) Traducir
Tonbridge School (en) Traducir
Malvern College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOcultismo Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , montañista , astrólogo , xadrecista , fundador , escritor , ocultista , autobiógrafo , novelista , compositor de xadrez Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoThelema Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioH. D. Carr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Participou en
19021902 Karakoram expedition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeRose Edith Kelly (pt) Traducir (1903–1909) Editar o valor em Wikidata
ParellaGreta Valentine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1326678 Last fm: Aleister+Crowley Musicbrainz: d20382fc-8323-4f88-91e6-d450331c021b Discogs: 58560 WikiTree: Crowley-794 Find a Grave: 6839 Editar o valor em Wikidata

Aleister Crowley, nado co nome de Edward Alexander Crowley en Leamington o 12 de outubro de 1875 e finado en Hastings o 1 de decembro de 1947, foi un ocultista, escritor, místico e hedonista británico. Coñecido polos seus escritos ocultistas, especialmente The Book of the Law, o texto sagrado central do Thelema.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun millonario cervexeiro galés, pronto quedou orfo e herdou unha gran fortuna. Foi criado por dúas tías solteiras que pertencían ós Irmáns de Plymouth, unha igrexa protestante moi puritana, estudou en Cambridge, onde por primeira vez empezou a sentirse libre lonxe da súa familia: desa época datan os seus primeiros ensaios, novelas e poesías eróticas. Como ocultista adoptou, a modo dun dos seus nomes máxicos, o de Baphomet, para o que deseñou un símbolo, baseándose nun deseño orixinal tallado en pedra.

Ingresou no Templo de Isis-Urania da Orde Hermética da Aurora Dourada de carácter rosacruciana: enfrontado con outros membros da orde como William Butler Yeats e S. L. McGregor Mathers, deixou a orde e creou a organización ocultista Astrum Argentum (A:.A:.), chegando tamén a ser cabeza visible da OTO (Ordo Templi Orientis), tamén foi membro honorífico doutras sociedades secretas e loxas masónicas.

Retirouse a Escocia, preto da localidade de Foyers onde mercou unha casa a beiras do famoso Lago Ness á que chamou Pazo de Boleskine. Alí, de acordo co antigo costume escocés de chamar "Laird" a un terratenente, fíxose chamar Laird de Boleskine e Abertarff.

Crowley chamou Iluminismo Científico ó seu sistema para a A:. A:. e para divulgar os ensinos do mesmo escribiu, xunto con varios colaboradores, a serie de revistas chamadas "O Equinoccio" (The Equinox). O lema do Iluminismo Científico é "O método da Ciencia, o obxectivo da Relixión", lema no que, conforme aclara o propio Aleister Crowley, "está expresado todo".