Na China e en Asia, Red Cliff foi estreado en dúas partes, que fan máis de 4 horas de duración (288 minutos). A primeira parte (146 minutos) estreouse en Pequín o 2 de xullo de 2008 e a segunda (142 minutos) foi estreada na China o 7 de xaneiro de 2009. Fóra de Asia, unha única versión de 148 minutos foi estreada no 2009. Porén, a versión en dúas partes lanzouse en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 5 de outubro de 2009,[3] e nos Estados Unidos e no Canadá o 23 de marzo de 2010.[4]
Cun orzamento estimado en US$80 million, Red Cliff é o máis caro filme asiático da historia.[5] A primeira parte recadou US$124 millóns en Asia[6] e superou o récord anterior de Titanic na China.[7]
Na China, cara ao final da Dinastía Han (208 d.C.) Cao Cao, o temíbel Primeiro Ministro (e gobernante de facto) convence ó Emperador Xian de Han de que declare a guerra ós reinos de Xu, ó oeste e ó leste, e o reino de Wu, ó sur. O seu obxectivo, segundo din, á a de unificar China polo ben do país, pero, en realidade, os seus motivos son bastante máis egoístas. Tras convencer ó Emperador, Cao Cao leva ó seu exército de case un millón de soldados á guerra. O seu primeiro obxectivo é o Reino de Xu, de recente creación, gobernado polo benevolente líder Liu Bei. Ó chegar ó Reino de Xu, as forzas de Cao Cao, superiores numéricamente, derrotan doadamente ó exército de Liu Bei. Os cidadáns de Xu foxen baixo a protección das tropas de Liu Bei e dos seus dous xenerais de maior rango (e irmáns de sangue): Guan Yu e Zhang Fei, que quedan atrás a risco das súas propias vidas para salvar ós campesiños que tentan escapar.