Rebelo Gonçalves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rebelo Gonçalves
Nacemento 15 de novembro de 1907
  Santarém
Falecemento 23 de abril de 1982
Nacionalidade Portugal
Ocupación catedrático de universidade
Premios Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul
editar datos en Wikidata ]
Portada do Vocabulário da Língua Portuguesa, Coímbra, 1966.

Francisco da Luz Rebelo Gonçalves, nado en Santarém o 15 de novembro de 1907 e finado o 23 de abril de 1982, foi un profesor universitario portugués e investigador nos dominios da filoloxía e lexicografía da lingua portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica, Rebelo Gonçalves foi profesor de Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Clásica (Lingua e Literaturas Grega e Latina) da Universidade de São Paulo entre 1935 e 1938 integrando o grupo de profesores estranxeiros que foran convidados para traballar nela trala súa fundación.

Durante a súa estancia no Brasil integrou o grupo fundador da Casa de Portugal de São Paulo, da que foi o seu primeiro presidente.

En Portugal ensinou na Facultade de Letras da Universidade de Coimbra e na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.

Na Conferencia Ortográfica Luso-Brasileira, que deu orixe ao Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1945, foi o relator por parte da delegación portuguesa.

Obras[editar | editar a fonte]

A Fundación Calouste Gulbenkian editou a súa Obra Completa, en 3 volumes[1]. Esta edición non incluíu dúas das súas obras de referencia:

  • Tratado de Ortografia Portuguesa. Coimbra, Tipografia Atlântida, 1947.
  • Vocabulário da Língua Portuguesa. Coimbra, Coimbra Editora, 1966.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian, 1995. ISBN 972-31-0833-X, 972-31-0663-9, 972-31-0953-0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]