Rebeca Sotelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) |
Alcaldesa de Cenlle | |
2022 – ← José Manuel Rodríguez Lamas | |
Actividade | |
Ocupación | política, empresaria |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Rebeca Sotelo Fernández nada en 1987, é unha empresaria vitivinícola e política galega, alcaldesa de Cenlle desde 2022.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2018 converteuse en propietaria da adega O Cotarelo, no Barral (Razamonde), onde traballa[1].
Concorreu nas listas electorais do PPdeG ás eleccións municipais de 2015 co número 8[2], e recuncou co número 4[3] na convocatoria de 2019, onde foi elixida concelleira. Logo da dimisión do alcalde Gabriel Alén para ir na candidatura do PPdeG ao Parlamento Galego, en marzo de 2020, pasou a ocupar a primeira tenza de alcaldía. En outubro de 2022 o novo alcalde Rodríguez Lamas dimitiu tamén, neste caso aducindo problemas persoais, e Sotelo foi elixida a nova alcaldesa e de paso presidenta da xestora do PP local[1]. Foi a primeira alcaldesa (muller)[3] de Cenlle.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "José Manuel Rodríguez deja la alcaldía de Cenlle". La Región (en castelán). 2022-10-15. Consultado o 2023-03-21.
- ↑ "Junta Electoral de Zona de Ribadavia" (PDF). Boletín Oficial da Provincia de Ourense. 28/04/2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21/03/2023. Consultado o 21/03/2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Acotío con Rebeca Sotelo alcaldesa de Cenlle". Badal Novas. 2022-10-25. Consultado o 2023-03-21.