Reial Club de Tennis Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Real Club de Tenis Barcelona»)
Sede do RCTB
Pista central durante a celebración do Torneo Conde de Godó de 2009.

O Reial Club de Tennis Barcelona 1899 (RCTB) é un club deportivo de tenis de Barcelona, Cataluña. Foi fundado o 13 de abril de 1899 e está situado no barrio de Pedralbes, ao norte da Avenida Diagonal.

O RCTB está considerado o club de tenis máis prestixioso de España. Nas súas pistas formáronse tenistas como Arantxa Sánchez Vicario, Conchita Martínez, Carlos Moyá, Carlos Costa Masferrer ou Rafael Nadal. Sede de gran número de eventos tenísticos, o RCTB organiza desde 1953 o Trofeo Conde de Godó, de categoría ATP 500 e disputado sobre terra batida, que é xunto ao Masters de Madrid, o torneo máis importante disputado en España.

Presidentes do club[editar | editar a fonte]

  • Ernest F.C. Witty (1899-1904)
  • Thomas Morrison (1905)
  • Frederick Witty (1906-1908)
  • Kendall Park (1909-1910)
  • Francisco de Moxó y de Sentmenat (1911-1920)
  • José Vidal-Ribas y Güell (1920-1929)
  • Alfonso Macaya Sanmartí (1929-1935)
  • Carlos Godó Valls (1935-1960)
  • Luis Coma-Cros y Cazes (1960-1972)
  • Jorge Soler Cabot (1972-1976)
  • Jesús Serra Santamans (1976-1989)
  • Juan Grau Almirall (1989-1993)
  • Juan María Tintoré Turull (1993-2008)
  • Albert Agustí García-Navarro (2008-2018)
  • Josep Jordi Cambra (2018-)

Tenistas máis destacados[editar | editar a fonte]

Masculinos
Femininas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]