Saltar ao contido

Razorblade Suitcase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Razorblade Suitcase
Bush Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
1996 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de gravación
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01h7krn Editar o valor en Wikidata
Spotify: 2KZjmR6WBDcck3aBbqlfsy Discogs: 38985 Allmusic: mw0000080628 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Razorblade Suitcase é o segundo álbum da banda británica de post-grunge Bush, publicado o 19 de novembro de 1996 a través do selo Trauma Records. Foi a continuación do seu multi-platino Sixteen Stone e estreouse no número 1 da lista Billboard 200, vendendo 293 000 copias durante a súa primeira semana nos Estados Unidos.[1] Ata a data segue sendo o único disco de Bush en chegar ao posto máis alto da Billboard 200.[2] Gravado nos Abbey Road Studios de Londres co enxeñeiro/produtor Steve Albini, o son do álbum comparouse ao do In Utero de Nirvana, que tamén foi producido e gravado por Albini.[3][4]

O disco foi reeditado coincidindo co seu 20 aniversario, titulándoo oficialmente Razorblade Suitcase (In Addition). Foi publicado dixitalmente o 16 de decembro de 2016,[5] e en vinilo o 10 de febreiro de 2017.[6] A reedición inclúe o álbum remasterizado e catro rarezas extra: "Broken TV", "Old", "Sleeper" e "Bubbles". Antes deste lanzamento, tres das catro cancións extra foran publicadas como caras b ou incluídas en recompilatorios, pero "Sleeper" tratábase dun tema inédito.[7]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Gavin Rossdale[8]

N.º Título Duración
1. "Personal Holloway"   3:23
2. "Greedy Fly"   4:30
3. "Swallowed"   4:51
4. "Insect Kin"   4:27
5. "Cold Contagious"   6:00
6. "A Tendency to Start Fires"   4:04
7. "Mouth"   5:45
8. "Straight No Chaser"   4:02
9. "History"   4:17
10. "Synapse"   4:52
11. "Communicator"   4:25
12. "Bonedriven"   4:32
13. "Distant Voices – remata en 5:16; inclúe canción oculta"   6:20
61:43
Edición xaponesa
N.º Título Duración
14. "Broken TV"   4:28
Reedición do 20 aniversario
N.º Título Duración
14. "Old"   2:50
15. "Broken TV"   4:26
16. "Sleeper"   4:19
17. "Bubbles"   3:02
  • "23 Seconds" (canción oculta)
  • "A Tendency to Start Fires", "Straight No Chaser" e "Synapse" non aparecen na versión en vinilo debido a restrucións de tempo.
  1. ↑ Canoe (ed.). "Bush's Razorblade Suitcase cuts to top". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 20 de maio de 2017.
  2. ↑ Billboard (ed.). "Bush nas listas da Billboard". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 20 de maio de 2017.
  3. ↑ Hannaham, James (decembro de 1996). "Pretty on the inside". Spin: 62–68.
  4. ↑ Allmusic (ed.). "Bush - Razorblade Suitcase". Consultado o 20 de maio de 2017.
  5. ↑ Amazon (ed.). "Razorblade Suitcase (In Addition)". Consultado o 20 de maio de 2017.
  6. ↑ Amazon (ed.). "Razorblade Suitcase (In Addition) en vinilo". Consultado o 20 de maio de 2017.
  7. ↑ Consecuence of Sound (ed.). "Bush share never-before-released Razorblade Suitcase track “Sleeper”". Consultado o 20 de maio de 2017.
  8. ↑ Allmusic (ed.). "Créditos de Razorblade Suitcase". Consultado o 20 de maio de 2017.