Ave de presa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rapaces»)
A aguia real é un exemplo de ave de presa

Unha ave de presa ou rapaz é unha ave que caza a súa comida empregando o seu peteiro, duro, curvado e rematado en punta, e mailas súas poutas, afiadas, que fan presa nas súas capturas. As aves de presa divídense en diúrnas e nocturnas que se inclúen en dúas ordes distintas sen relación de parentesco:

Falconiformes - rapaces diúrnas

Estrixiformes - rapaces nocturnas

A semellanza entre as rapaces diúrnas e as nocturnas dáse pola denominada converxencia evolutiva (animais filoxeneticamente distantes adquiren, evolutivamente, aspectos semellantes por alimentarse do mesmo ou ocupar os mesmos nichos ecolóxicos). Aínda que o termo "rapaz" ás veces é utilizado amplamente, en xeral refírese a especies diúrnas.

Cetraría[editar | editar a fonte]

A caza co uso de rapaces denomínase cetraría, e iniciouse hai máis de 4.000 anos, sendo moi habitual na Idade Media. Desaparecida no século XVII, o seu principal impulsor e rescatador moderno foi Félix Rodríguez de la Fuente, un dos maiores expertos mundiais en rapaces.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]