Ranger 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ranger 9
The Ranger Spacecraft GPN-2000-001979 (cropped).jpg
Unha sonda Ranger do Bloque III.
Tipo Tecnolóxico/científico
Organización NASA
Contratistas principais JPL
Destino actual Impactada contra a Lúa.[1]
Data de lanzamento 21 de marzo de 1965, 21:37 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Atlas-Agena B[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-12[2][6]
Duración da misión 64,5 horas[2]
Obxectivo da misión Fotografía e impacto na superficie luar.[2][6]
NSSDC ID 1965-023A
Masa 367,0 kg[2]
Dimensións Cono cunha base hexagonal de 1,5 m de diámetro e unha altura de 3,6 m.[5]
Potencia 200 vatios[2]
Baterías Baterías de prata e cinc.

Ranger 9 foi a cuarte e última sonda do Bloque III e a definitiva do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografiar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 21 de marzo de 1965 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Ranger 9 foi enviada a impactar contra a superficie luar e comenzar a fotografiala varios minutos antes do choque. A diferencia das naves dos bloques I e II, os únicos instrumentos a bordo eran seis cámaras de televisión para fotografiar a Lúa.[2][3][5][6]

A nave[editar | editar a fonte]

A sonda foi a cuarta e última cun deseño do denominado Bloque III, unha simplificación das Ranger previas dos Bloque I e II. Estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 3,6 m de alto onde se situaban as cámaras de televisión. Sobre a base iba montado o sistema de propulsión e de enerxía, alimentado por dous paneis solares de 73,9 cm de lonxitude e 153,7 cm de longo cada un que lle daban á nave unha envergadura total de 4,6 m, así como a antena de alta ganancia. Outra antena cuasiomnidireccional iba montada no cumio do cono da nave.[2][3][5][6]

A propulsión era proporcionada por un motor de 224 N de pulo alimentado por hidracina, mentres que para o control de actitude usábanse doce chorros de nitróxeno conxuntamente cun sistema de tres xiroscopios, catro sensores solares principais, dous secundarios e un sensor da Terra. Os paneis solares proporcionaban ata 200 vatios de potencia que se almacenaban en dúas baterías de prata-cinc de 1200 vatios-hora de capacidade a unha voltaxe de 26,5 voltios para alimentar o sistema de cámaras, mentres que para o resto de sistemas usábanse outras dúas baterías de prata-cinc de 1000 vatios-hora.[2][3][5][6]

As comunicacións corrían a cargo de varios transmisores a bordo, entre eles un canal de televisión de 60 W funcionando a 959,52 MHz, outro canal televisión de 60 W a 960,05 MHz e un transpondedor de 3 W a 960,58 MHz[2][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Ranger 9 levaba a bordo seis cámaras vidicon, dúas de imaxe completa (un gran angular e un teleobxectivo operando no chamado canal F) e catro de imaxe parcial (dúas gran angular e dous teleobxectivos no canal P). As cámaras funcionaban agrupadas en dous canais, cada un cos seus propios sistemas de potencia, temporizadores e transmisores para incrementar a fiabilidade.[2][5][6]

Perfil da misión[editar | editar a fonte]

Ranger 9 foi inxectada nunha traxectoria de impacto contra a Lúa despois de permanecer nunha órbita de aparcamento sen problemas. A manobra de corrección de traxectoria a medio camiño executouse sen incidencias o 23 de marzo ás 12:03 UT. Ranger 9 chegou á Lúa o 24 de marzo, tomando a primeira imaxe ás 13:49:41 UT e a unha altura de 2363 km. En total transmitíronse 5814 imaxes nos 19 últimos minutos do voo, coa imaxe final tendo unha resolución de 0,3 metros. O impacto tivo lugar ás 14:08:19,994 UT do 24 de marzo no cráter Alphonsus a 2,67 km/s.[2][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. [www.n2yo.com/satellite/?s=1294 "RANGER 9"] |url= incorrecto (Axuda) (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 NASA (23 de agosto de 2016). "Ranger 9" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 4 June 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-15084). 21 de xuño de 1965: 3. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Ranger 9" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Ranger 6, 7, 8, 9 (Block 3)" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "Ranger 9-7-8-9" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2016.