Randa Siniora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRanda Siniora
Nome orixinal(ar) رندة السنيورة Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstado de Palestina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Essex
Universidade Americana do Cairo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata

Randa George Yacoub Siniora, nada c. 1961, é unha activista palestina dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres. Documentou violacións dos dereitos humanos nos territorios palestinos ocupados durante tres décadas e actualmente é directora xeral do Women’s Center for Legal Aid and Counseling (WCLAC, en galego Centro de Mulleres para a Axuda Legal e o Asesoramento) en Xerusalén.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Randa Siniora estudou na Universidade de Essex no Reino Unido, obtendo un LLM en Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, e na Universidade americana no Cairo, obtendo un doutoramento en Socioloxía-Antropoloxía. A súa tese de doutoramento, un estudo das mulleres traballadoras téxtiles na Cisxordania que producen bens para empresas israelís, foi publicado máis tarde pola Universidade Americana. Na súa tese Siniora aplicou a teoría da dependencia de Arghiri Emmanuel e Samir Amin á situación palestina.[2] Para explicar os niveis relativamente baixos de organización política e laboral entre mulleres, resaltou as continuidades sociais das estruturas patriarcais que controlaban ás mulleres no fogar e no traballo:

os empregadores non precisan usar a forza para controlar ... ós traballadores. En cambio, continuamente intentan establecer unha relación paternalista con [eles]. Intentan convencelos de que están na posición dos seus pais no taller e de que son os seus 'partidarios' e 'protectores'.[3]

De 1987 a 1997 Siniora foi Investigadora Xurídica e Coordinadora do Programa de Dereitos da Muller na organización dos dereitos humanos Al-Haq. Os seus esforzos por conseguir un consenso sobre a necesidade de cambios legais para protexer as mulleres foron interrompidas pola Primeira Intifada:

fíxose imposible centrarse exclusivamente nos aspectos legais e sociais dos dereitos das mulleres, xa que estaban a producirse violacións diarias dos dereitos humanos contra as mulleres palestinas. Agora a nosa tarefa principal é documentar esas violacións.[4]

De 1997 a 2001 Siniora foi Xefa de Redes e Avogacía no Centro de Mulleres para a Asistencia Xurídica e o Asesoramento. De 2001 a 2005 foi Directora Xeral de Al-Haq.

Desde setembro de 2007 até xuño de 2015, Siniora foi Directora Executiva Sénior da Comisión Independente de Dereitos Humanos (ICHR) en Palestina. En 2015 converteuse en Directora Xeral do Centro de Mulleres para a Asistencia Xurídica e o Asesoramento.

En outubro de 2018 Siniora converteuse na primeira activista palestina en dirixise ó Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Siniora expuxo a cuestión da alta taxa de violencia doméstica, e a crecente taxa de femicidios nos territorios ocupados. Tamén expuxo o problema máis amplo da exclusión política das mulleres:[1]

A ocupación israelí e a crise humanitaria resultante están profundamente marcadas polo xénero e exacerban as desigualdades de xénero existentes. As mulleres soportan de maneira desproporcionada a violencia da ocupación que soportan todos os palestinos e, moias veces, con consecuencias específicas de xénero [...] Deixouse pouco espazo para integrar as preocupacións das mulleres palestinas en procesos políticos clave, incluso para lograr a condición de Estado palestino ou para a reconciliación nacional. A representación de mulleres en postos clave de toma de decisións, incluso en institucións da Autoridade Palestina, é apenas do 5 por cento.[5]

Traballos[editar | editar a fonte]

  • Palestinian Labor in a Dependent Economy: Women Workers in the West Bank Clothing Industry. Cairo Papers in Social Science, Vol. 12, Monograph 3. Cairo: American University in Cairo Press.
  • 'Lobbying for a Palestinian Family Law: The Experience of the Palestinian Model Parliament: Women and Legislation'. Documento para a Conferencia sobre Dereito Familiar Islámico no Oriente Medio e Norte de África, Amán, 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rebecca Ratcliffe, Women in Palestine face violence and political exclusion, campaigner tells UN, The Guardian, 26 de outubro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2020.
  2. Maya Rosenfeld (2004). Confronting the Occupation: Work, Education, and Political Activism of Palestinian Families in a Refugee Camp. Stanford University Press. p. 10. ISBN 978-0-8047-4987-9. 
  3. Siniora, Palestinian Labor in a Dependent Economy, citado en Joost R. Hiltermann (1993). Behind the Intifada: Labor and Women's Movements in the Occupied Territories. Princeton University Press. pp. 29, 36. ISBN 0-691-02480-4. 
  4. Siniora, citada en Adam Jones (2013). "Springtime in Palestine". The Scourge of Genocide: Essays and Reflections. Routledge. pp. 302–3. ISBN 978-1-135-04715-3. 
  5. Declaración de Randa Siniora, Primeira muller activista palestina en informar ó Consello de Seguridade da ONU, Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade, 25 de outubro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]