Ramón San Luís Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Carballo, España |
Morte | 27 de xullo de 1944 Carballo, España |
Alcalde de Carballo | |
1934 – 1935 ← José Monteagudo Rodríguez – Francisco Bolón Moreira → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Xesús San Luís Romero |
Ramón San Luís Romero, nado en Carballo e finado no mesmo concello o 27 de xullo de 1944, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco San Luís, que fora presidente do Comité Republicano, síndico e alcalde de Carballo na Primeira República, e irmán de Xesús San Luís Romero. Foi presidente do Centro Solidario Gallego de Carballo creado o 8 de decembro de 1908. Fundou sociedades labregas, foi acusado de desordes públicas e xulgado na Coruña en xaneiro de 1911.[1] Ante o acoso tivo que marchar para América. Retornou a Carballo e durante a II República afiliouse ao Partido Radical e logo da destitución da corporación presidida por José Monteagudo Rodríguez polo gobernador civil en setembro de 1934, foi elixido alcalde de Carballo.[2] Finou en Carballo o 27 de xullo de 1944.[3]
Predecesor: José Monteagudo Rodríguez |
Alcalde de Carballo 1934 - 1935 |
Sucesor: Francisco Bolón Moreira |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Matilde Pombo Salgado.