Ramón Diéguez Carlés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Diéguez Carlés
Biografía
NacementoPontecesures, España Editar o valor em Wikidata
Mortesetembro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Pontecesures, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Diéguez Carlés, nado en Pontecesures e finado no mesmo concello en setembro de 1968, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a traballar en Madrid no laboratorio de José Casares Gil. Foi propietario e director da Cerámica Celta de Pontecesures dende 1926, cando fusionou a súa empresa de cal La Calera coa Cerámica Artística Gallega. Coa proclamación da República foi nomeado alcalde de Pontecesures o 25 de abril de 1931, permanecendo no cargo até o 5 de xuño.[1] No franquismo foi presidente da Sociedad Deportiva Ulla. Finou en Pontecesures en setembro de 1968.[2]


Predecesor:
José Carlés Braña
 
Alcalde de Pontecesures
 
1931
Sucesor:
Juan Jeremías Montero

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de la Paz Sierra Ramos en 1924,[3] e foi pai de José e Jorge Diéguez Sierra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 6-9-1958, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 28-9-1968, p. 14.
  3. El Pueblo Gallego, 27-1-1924, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]