Juan Jeremías Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Jeremías Montero
Biografía
Nacemento28 de maio de 1889 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Guadalaxara, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan José Jeremías Montero, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1889 e finado en Guadalaxara (México) o 10 de setembro de 1950, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Jeremías Cabezas e Encarnación Montero Pasantino, sobriño de Eugenio Montero Ríos. Foi elixido presidente da Juventud Republicana de Santiago de Compostela en decembro de 1912.[1] Correlixionario de Emiliano Iglesias, mantivo contactos con el durante a súa visita a Galicia en setembro de 1921.[2] Dono dunha fábrica de chocolate en Pontecesures. Na República foi alcalde de Pontecesures do 5 de xuño de 1931 ao 30 de xullo de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á zona leal e foi auxiliar da administración de xustiza no xulgado de Belchite e en maio de 1938 foi destinado ao Xulgado especial Xeral de Evasión de Capitais en Barcelona.[4] Coa derrota da República pasou a Francia e exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do vapor Mexique.[5]


Predecesor:
Ramón Diéguez Carlés
 
Alcalde de Pontecesures
 
1931 - 1936
Sucesor:
Jesús Cabeza Sierra

Obras[editar | editar a fonte]

  • El filo de la traición, 1943.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1915 con Concepción Carlés Romero, fila de José Carlés Romero, alcalde de Valga.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 17-12-1912, p. 2.
  2. El Compostelano, 3-9-1921, p. 1.
  3. La Noche, 6-9-1958, p. 6.
  4. Gaceta de la República, 14-5-1938, p. 867.
  5. "Relación de los compatriotas llegados a Veracruz el 27 de julio de 1939 a bordo del Vapor Mexique." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2018. Consultado o 09 de xuño de 2019. 
  6. El Diario de Pontevedra, 4-5-1915, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]