Ramón Martínez Insua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Martínez Insua
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Santiso de Abres, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1932 Editar o valor em Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mondoñedo
1916 – 1918
← Alejo Ferreiro SoilánJosé María Álvarez Mon → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , artista , político Editar o valor em Wikidata

Ramón Martínez González de Insua, coñecido como Ramón Martínez Insua, nado en Santiso de Abres e finado en Mondoñedo o 12 de maio de 1932, foi un empresario, artista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Martínez Rocha e Manuela González Fernández. Habilitado do clero mindoniense, foi tallista, debuxante e inventor. En 1888 esculpiu unha estatua de Santa Catarina para o Seminario de Mondoñedo e en 1896 un busto de mármore do bispo Sarmiento.[1] Foi presidente da Adoración Nocturna de Mondoñedo.[2] En 1911 apareceu na revista Industria e Invenciones a recensión dun seu invento: un forno intermitente, mixto, con grella móbil, sistema Martínez, para a obtención de cal graxa. Leal a Avelino Montero Villegas, foi concelleiro de Mondoñedo dende principios de século, foi primeiro tenente alcalde, e en marzo de 1916 fíxose cargo da alcaldía de Mondoñedo.[3] Foi nomeado alcalde de Mondoñedo por Real Orde en xuño de 1916.[4] Volveu ser elixido alcalde a principios de xaneiro de 1918.[5] En marzo de 1918 presentou a súa dimisión irrebogable a causa dun incidente por un comiso de fariñas.[6] Foi escultor e pintor e mestre de escultura e pintura. Experto arqueólogo, foi membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.


Predecesor:
Alejo Ferreiro Soilán
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1916 - 1918
Sucesor:
José María Álvarez-Mon Basanta

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Mondoñedo con Francisca Arias Galán. Viúvo, volveu casar o 22 de abril de 1896 con Enriqueta Huerta Carranque, mestra privada de nenos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Lucense, 24-8-1896, p. 2.
  2. Boletín Eclesiástico del Obispado de Mondoñedo, 10-4-1911, p. 11.
  3. El Progreso, 29-3-1916, p. 1.
  4. La Correspondencia Gallega, 26-6-1916, p. 3.
  5. El Progreso, 6-1-1918, p. 1.
  6. El Progreso, 5-3-1918, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]