Saltar ao contido

Ramón Gener i Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Gener i Sala

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, cantante de ópera, xornalista, pianista, director de televisión Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoFrauta travesa Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webhttp://www.ramongener.com/
IMDB: nm4696428 Facebook: ramongener Twitter: ramongener BNE: XX5375329 Editar o valor en Wikidata

Ramón Gener i Sala, coñecido como Ramón Gener, nado en Barcelona, é un barítono, pianista e divulgador musical. Licenciado en Humanidades e Ciencias Empresariais, formouse en piano e canto. Tras varios anos de traballo como barítono deixou o canto e iniciou a súa etapa como divulgador musical. En 2011 presentou o programa de televisión Òpera amb texans (Ópera en vaqueiros); en 2015 This is Opera; en 2017 e 2018 This is art e en 2019 200. Una noche en el Prado.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Desde pequeno escoitaba ópera e música clásica na súa casa grazas á súa nai. Empezou a estudar música aos 6 anos no Conservatori Superior de Música del Liceu de Barcelona, onde estudou piano até os 11 anos, formándose coa pianista Anna Maria Albors. Tras unha paréntese na súa adolescencia, aos 18 anos expúxose a posibilidade de cantar ópera e estudou canto baixo a supervisión de Victoria de los Ángeles.[1] Completou os seus estudos de voz en Varsovia co barítono Jarzy Artysz e en Barcelona co tenor Eduard Giménez.

Debutou como cantante no Palau de la Música Catalana no papel de protagonista na ópera Noye's Fludde de Benjamin Britten. A partir de entón traballou en Europa como barítono en óperas como Le nozze di Figaro (no papel de Almaviva), Carmen (Dancaïre) e Die Zauberflöte (Sprechen). Na tempada 1999-2000 actuou por primeira vez no Gran Teatre del Liceu con Sly.[2]

Máis tarde deixou o canto pero continuou vinculado ao mundo da música dando conferencias sobre música, momento no que recibiu a proposta de traballar en formato televisivo.[3]

En 2011 estreou na canle El 33 da Televisió de Catalunya o programa divulgativo Òpera amb texans onde se explicaba e analizaba a ópera de maneira informal. O programa foi galardoado nos premios Zapping 2011 outorgados por Telespectadores Asociados de Cataluña (TAC) na categoría de mellor programa musical.[4]

En 2014 editou o libro Si Beethoven pogués escoltar-me coa historia dos compositores dos séculos XVIII e XIX e anécdotas persoais, presentado en castelán en xuño de 2015.[5]

Dende marzo de 2015 RTVE editou 30 capítulos baixo o nome de This is Opera, unha produción internacional gravada en español e en inglés onde Ramon Gener exerce de mestre de cerimonias, experto, pianista e animador.[6] En España emitiuse en La 2. Tamén se emite en Alemaña, Austria, Suíza, Italia e Portugal. Dende abril do mesmo ano colabora mensualmente no programa radiofónico Hoy por Hoy da Cadena SER, presentado por Gemma Nierga.[7]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 2014: Si Beethoven pogués escoltar-me (en catalán). Editorial Ara Llibres.[8]
  • 2015: Si Beethoven pudiera escucharme (en castelán). Editorial Now Books.[9]
  • 2016: L'amor et farà immortal (en catalán). Editorial Ara Llibres.
  • 2016: El amor te hará inmortal (en castelán). Plaza & Janés.
  1. "This is opera. Ramon Gener interviw" (en inglés). Foxtelarts. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  2. "Telemonegal" (en catalán). 13/11/2011. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 21/02/2021. 
  3. "Ramon Gener, el hombre que iba a la ópera en vaqueros". El País. 21/5/2013. 
  4. "Premios Zapping 2011". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  5. "La ópera es vida". El Mundo. 6/6/2015. 
  6. "La ópera". El País. 24/3/2015. 
  7. "Colaboracións de Gener na Cadena SER". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  8. "Si Beethoven pogués escoltar-me en Ara Llibres". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  9. "Si Beethoven pudiera escucharme, imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]