Ramón Fuentes Canal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Fuentes Canal
Nacemento1908
 Ourense
Falecemento9 de decembro de 1936
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, funcionario e político
IrmánsManuel Fuentes Canal
editar datos en Wikidata ]

Ramón Fuentes Canal, nado en Ourense cara a 1908 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado e funcionario de estatística. Foi vogal da directiva (1931) e despois presidente das Juventudes Socialistas de Ourense (1932), tamén presidiu a Federación de colectividades socialistas da provincia de Ourense en 1933.[1] Pertenecía ao sector da esquerda do PSOE. Foi candidato do PSOE por Ourense nas eleccións de febreiro de 1936 pero non foi elixido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE por Ourense para a elección do novo Presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 9 de decembro de 1936 con 28 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]