Ramón Búa Otero
Ramón Búa Otero | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 28 de abril de 1933 en Illa de Arousa, España |
Pasamento | 21 de abril de 2012 en Vigo, España |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 19 de marzo de 1961 |
Consagración episcopal | 21 de febreiro de 1982, por Antonio Innocenti |
Bispo de Calahorra e La Calzada-Logroño | |
1989 - 2003 | |
Predecesor | Francisco Álvarez Martínez |
Sucesor | Juan José Omella |
Outros | |
![]() Escudo de Ramón Búa Otero |
Ramón Búa Otero, nado na Illa de Arousa o 28 de abril de 1933 e finado en Vigo o 21 de abril de 2012, foi un eclesiástico católico galego, bispo de Tarazona e de Calahorra e La Calzada-Logroño.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo de estudar no seminario de Tui, foi ordenado sacerdote ao servizo da diocese de Tui-Vigo o 19 de marzo de 1961. Posteriormente continuou os seus estudos en Roma, licenciándose en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana en 1962 e en Sagrada Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico en 1964.
O 11 de xaneiro de 1982 foi nomeado bispo de Tarazona. Recibiu a ordenación episcopal o 21 de febreiro, de mans do nuncio Antonio Innocenti, e tendo como co-consagrantes aos arcebispos de Zaragoza Elías Yanes e Oviedo Gabino Díaz. O 14 de setembro de 1989 foi nomeado bispo de Calahorra e La Calzada-Logroño, diocese que rexeu até o seu retiramento o 15 de setembro de 2003.
Na Conferencia Episcopal Española foi membro das Comisións Episcopais de Ensinanza e Catequese e de Seminarios e Universidades. Faleceu o 21 de abril de 2012 en Vigo.