Ramón Artola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Artola
R artola.png
Nacemento31 de agosto de 1831
 Tolosa
Falecemento20 de agosto de 1906
 Donostia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
FillosPepe Artola e Rosario Artola
editar datos en Wikidata ]

Ramón Antonio Artola Larrañaga, nado en Tolosa31 de agosto de 1831 e finado en Donostia o 20 de agosto de 1906, foi un poeta vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de María Antonia Larrañaga Ganuza e de Antonio Artola Etxeberria, era o fillo máis novo dos cinco que tivo a parella e recibiu, como era costume na época, o nome dun irmán anterior que nacera morto. Casou a finais de 1858 con Manuela Elizetxea Altzelai, natural de Donostia, e o matrimonio instalouse na localidade natal dela. Tiveron dous fillos Rosario e Pepe, tamén poetas. Traballou como fontaneiro e pintor[1]. Socio fundador en 1870 da Unión Artesana presidiuna en 1884[2]. Foi voluntario liberal durante a terceira guerra carlista e defendeu a cidade do asedio carlista a Donostia, coincidindo entre outros con Bilintx ou Serafin Baroja.

Obra[editar | editar a fonte]

Debuxo de Victoriano Iraola no número 13 da revista El Thun Thun  (17 de xuño de 1894)

Os seus primerios poemas publicounos no Cancionero Vasco de José Manterola e logo continuou a publicar ao longo da súa vida na prensa, principalmente en Euskal-Erria. Tamén escribiu moitas letras de cancións para as comparsas donostiarras.

Xa postumamente publicouse o seu primeiro, foi en 1909 Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran e en 1961 Antonio Zavala publicou unha selección da súa obra, Sagardoaren graziya ta beste bertso asko. Nos dous volumes de Ipuiak edo kontutxoak recolléronse os seus contos e fábulas en verso[3].

Libros[editar | editar a fonte]

  • Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran (1909, J. Baroja)
  • Sagardoaren graziya eta beste bertso asko (1961, Auspoa)
  • Ipuiak edo kontutxoak I (1995, Auspoa)
  • Ipuiak edo kontutxoak II (1995, Auspoa)
  • Sagardoaren graziya II (2003, Gipuzkoako Foru Aldundia)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tellería Tapia, Mikel Gotzon (2011) Enciclopedia General de Tolosa. Zazpiko Kultur Elkartea, p. 115
  2. José María Sada (2002) Historia de la ciudad de San Sebastián a través de sus personajes. Alberdania, 2002, p. 53
  3. "Artola Larrañaga, Ramón". Auñamendi Eusko Entziklopedia