Saltar ao contido

Ramón Álvarez Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Álvarez Cid
Biografía
Morte8 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Allariz
1961 – 1962 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal Editar o valor en Wikidata

Ramón Álvarez Cid, finado en Ourense o 8 de decembro de 2017, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1958 abriu bufete en Allariz coa súa muller Amelia Hernansanz Sánchez, xestora administrativa.[1] Foi nomeado alcalde de Allariz en 1961 e tomou posesión en febreiro.[2] Foi deputado provincial. Cesou como alcalde e deputado provincial ao ano seguinte.[3] Na época da transición afiliouse a UCD e nas municipais de 1979 foi elixido concelleiro de Allaríz e nomeado primeiro tenente-alcalde. Foi membro da Comisión que elaborou o Estatuto dos dezaseis, o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1981. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega ao concello de Allariz e foi elixido concelleiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Luís Taboada Martínez
 
Alcalde de Allariz
 
1961 - 1962
Sucesor:
Vicente Escudero Rodríguez