Raivavae
Raivavae | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | Rairua |
Linguas | |
Poboación (2012) | 940[1] |
Superficie | 16 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | >25 |
Coordenadas | 23°53′S 147°39′O / -23.883, -147.650 |
Maior Altura | 437 m. Hiro |
Localización | |
A illa Raivavae, tamén chamada Vavitu, é unha das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situada no medio do arquipélago, a 195 km ao sueste de Tubuai e a 730 km ao sur de Tahití.
É un antigo volcán que culmina no monte Hiro a 437 m de altitude. A superficie total é de 16 km². Está rodeada dunha lagoa pechada por arrecifes de coral con diversos illotes: Motu Man, Motu Haha, Motu Vaiamanu e Motu Araoo e Motu Haaamu.
Tiña 940 habitantes no censo de 2012. As aldeas principais son: Rairua (a capital da comuna), Mahanatoa, Anatonu e Vaiuru. O principal recurso da illa é o cultivo de café, a pesca na lagoa e a artesanía. Dispón dun aeródromo aberto en 2002.
A illa é rica en sitios arqueolóxicos polinesios. Foi descuberta polo español Tomás Gayangos en 1775, volvendo da expedición a Tahití organizada polo vicerrei do Perú, o catalán Manuel d'Amat i de Junyent. Bautizouna como Santa Rosa. En 1880 foi anexionada por Francia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française (en francés). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2015.