Raduga (satélites)
Raduga é unha serie de satélites de comunicacións civís e militares soviéticos e posteriormente rusos.[1]
Características[editar | editar a fonte]
Os satélites Raduga foron os primeiros satélites de comunicación en órbita xeoestacionaria da Unión Soviética. Despois dos Raduga orixinais chegaron varias series melloradas.[1]
Raduga[editar | editar a fonte]
Os Raduga orixinais, tamén coñecidos como Gran, estaban deseñados para transmitir comunicacións militares, gobernamentais e civís. Usaban o bus KAUR-3, tiñan unha masa duns 2000 kg e estabilizábanse nos tres eixos usando propulsores de propelente líquido. A alimentación eléctrica corría a cargo de paneis solares cunha superficie total de 25 m2 que producían ata 1280 W de potencia. Os satélites levaban varios transpondedores en banda C. Lanzáronse 35 en total, con tres fallos, entre 1975 e 1999, a bordo de foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.[2]
Raduga-1[editar | editar a fonte]
Os Raduga-1 foron os sucesores mellorados dos Raduga orixinais. Tamén se denominaban como Globus. Usaban seis transpondedores en banda C e tiñan unha masa de 2320 kg. Lanzáronse oito entre 1989 e 2009, todos con éxito, a bordo de Proton K/DM-2.[3]
Raduga-1M[editar | editar a fonte]
Os Raduga-1M eran unha versión mellorada dos Raduga-1. Ademais de transpondendores en banda C levaban a bordo transpondedores en banda L, banda X e banda Ka. Traballaban conxuntamente cos satélites Meridian para dar un servizo global. Tiñan unha masa de 2300 kg e lanzáronse tres entre 2007 e 2013 usando foguetes Proton M/Briz-M.[4]
Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4] | Data de lanzamento[1][2][3][4] | Foguete lanzador[1][2][3][4] | Notas[1][2][3][4] |
---|---|---|---|
Raduga 1 | 22 de decembro de 1975 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 2 | 11 de setembro de 1976 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 3 | 23 de xullo de 1977 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 4 | 18 de xullo de 1978 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 5 | 25 de abril de 1979 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 6 | 20 de febreiro de 1980 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 7 | 5 de outubro de 1980 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 8 | 18 de marzo de 1981 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 9 | 30 de xullo de 1981 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 10 | 9 de outubro de 1981 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 11 | 26 de novembro de 1982 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga (12) | 24 de decembro de 1982 | Proton K/DM | Fallo |
Raduga 12 | 8 de abril de 1983 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 13 | 25 de agosto de 1983 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 14 | 15 de febreiro de 1984 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 15 | 22 de xuño de 1984 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 16 | 8 de agosto de 1985 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 17 | 15 de novembro de 1985 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 18 | 17 de xaneiro de 1986 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 19 | 25 de outubro de 1986 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 20 | 19 de marzo de 1987 | Proton K/DM | Éxito |
Raduga 21 | 10 de decembro de 1987 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 22 | 20 de outubro de 1988 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 23 | 14 de abril de 1989 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1 1 | 21 de xuño de 1989 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 24 | 15 de decembro de 1989 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 25 | 15 de febreiro de 1990 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 26 | 20 de decembro de 1990 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1 2 | 27 de decembro de 1990 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 27 | 28 de febreiro de 1991 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 28 | 19 de decembro de 1991 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 29 | 25 de marzo de 1993 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 30 | 30 de setembro de 1993 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1 3 | 5 de febreiro de 1994 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 31 | 18 de febreiro de 1994 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 32 | 28 de decembro de 1994 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga 33 | 19 de febreiro de 1996 | Proton K/DM-2 | Fallo parcial |
Raduga (34) | 5 de xullo de 1999 | Proton K Briz-M | Fallo |
Raduga-1 4 | 28 de febreiro de 1999 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1 5 | 28 de agosto de 2000 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1 6 | 6 de outubro de 2001 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1 7 | 27 de marzo de 2004 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1M 1 | 9 de decembro de 2007 | Proton M/Briz-M | Éxito |
Raduga-1 8 | 28 de febreiro de 2009 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Raduga-1M 2 | 28 de xaneiro de 2010 | Proton M/Briz-M | Éxito |
Raduga-1M 3 | 11 de novembro de 2013 | Proton M/Briz-M | Éxito |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Raduga" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Raduga (Gran, 11F638)" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Raduga-1 (Globus, 17F15)" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Raduga-1M (Globus-M, 17F15M)" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.