Raduga (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raduga é unha serie de satélites de comunicacións civís e militares soviéticos e posteriormente rusos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Raduga foron os primeiros satélites de comunicación en órbita xeoestacionaria da Unión Soviética. Despois dos Raduga orixinais chegaron varias series melloradas.[1]

Raduga[editar | editar a fonte]

Os Raduga orixinais, tamén coñecidos como Gran, estaban deseñados para transmitir comunicacións militares, gobernamentais e civís. Usaban o bus KAUR-3, tiñan unha masa duns 2000 kg e estabilizábanse nos tres eixos usando propulsores de propelente líquido. A alimentación eléctrica corría a cargo de paneis solares cunha superficie total de 25 m2 que producían ata 1280 W de potencia. Os satélites levaban varios transpondedores en banda C. Lanzáronse 35 en total, con tres fallos, entre 1975 e 1999, a bordo de foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.[2]

Raduga-1[editar | editar a fonte]

Os Raduga-1 foron os sucesores mellorados dos Raduga orixinais. Tamén se denominaban como Globus. Usaban seis transpondedores en banda C e tiñan unha masa de 2320 kg. Lanzáronse oito entre 1989 e 2009, todos con éxito, a bordo de Proton K/DM-2.[3]

Raduga-1M[editar | editar a fonte]

Os Raduga-1M eran unha versión mellorada dos Raduga-1. Ademais de transpondendores en banda C levaban a bordo transpondedores en banda L, banda X e banda Ka. Traballaban conxuntamente cos satélites Meridian para dar un servizo global. Tiñan unha masa de 2300 kg e lanzáronse tres entre 2007 e 2013 usando foguetes Proton M/Briz-M.[4]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
Raduga 1 22 de decembro de 1975 Proton K/DM Éxito
Raduga 2 11 de setembro de 1976 Proton K/DM Éxito
Raduga 3 23 de xullo de 1977 Proton K/DM Éxito
Raduga 4 18 de xullo de 1978 Proton K/DM Éxito
Raduga 5 25 de abril de 1979 Proton K/DM Éxito
Raduga 6 20 de febreiro de 1980 Proton K/DM Éxito
Raduga 7 5 de outubro de 1980 Proton K/DM Éxito
Raduga 8 18 de marzo de 1981 Proton K/DM Éxito
Raduga 9 30 de xullo de 1981 Proton K/DM Éxito
Raduga 10 9 de outubro de 1981 Proton K/DM Éxito
Raduga 11 26 de novembro de 1982 Proton K/DM Éxito
Raduga (12) 24 de decembro de 1982 Proton K/DM Fallo
Raduga 12 8 de abril de 1983 Proton K/DM Éxito
Raduga 13 25 de agosto de 1983 Proton K/DM Éxito
Raduga 14 15 de febreiro de 1984 Proton K/DM Éxito
Raduga 15 22 de xuño de 1984 Proton K/DM Éxito
Raduga 16 8 de agosto de 1985 Proton K/DM Éxito
Raduga 17 15 de novembro de 1985 Proton K/DM Éxito
Raduga 18 17 de xaneiro de 1986 Proton K/DM Éxito
Raduga 19 25 de outubro de 1986 Proton K/DM Éxito
Raduga 20 19 de marzo de 1987 Proton K/DM Éxito
Raduga 21 10 de decembro de 1987 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 22 20 de outubro de 1988 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 23 14 de abril de 1989 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1 1 21 de xuño de 1989 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 24 15 de decembro de 1989 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 25 15 de febreiro de 1990 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 26 20 de decembro de 1990 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1 2 27 de decembro de 1990 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 27 28 de febreiro de 1991 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 28 19 de decembro de 1991 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 29 25 de marzo de 1993 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 30 30 de setembro de 1993 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1 3 5 de febreiro de 1994 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 31 18 de febreiro de 1994 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 32 28 de decembro de 1994 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga 33 19 de febreiro de 1996 Proton K/DM-2 Fallo parcial
Raduga (34) 5 de xullo de 1999 Proton K Briz-M Fallo
Raduga-1 4 28 de febreiro de 1999 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1 5 28 de agosto de 2000 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1 6 6 de outubro de 2001 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1 7 27 de marzo de 2004 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1M 1 9 de decembro de 2007 Proton M/Briz-M Éxito
Raduga-1 8 28 de febreiro de 2009 Proton K/DM-2 Éxito
Raduga-1M 2 28 de xaneiro de 2010 Proton M/Briz-M Éxito
Raduga-1M 3 11 de novembro de 2013 Proton M/Briz-M Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Raduga" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Raduga (Gran, 11F638)" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Raduga-1 (Globus, 17F15)" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Raduga-1M (Globus-M, 17F15M)" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]