Radio Celta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Radio Celta foi unha emisora de radio do Centro Galego de Barcelona que funcionou na cidade condal dende finais de 1984 por iniciativa de Xosé Fernández Fernández[1] ata o seu peche por carecer de licenza en xuño de 1985.[2] Emitía das oito da mañá deica as doce da noite, contaba con dezaoito colaboradores permanentes e aproximadamente a metade da súa programación era en galego. Entre os seus programas salientaban A Romaría e Camiñar por Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Luís Blanco Campaña (1995) Radio e Prensa na Galicia Exterior Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, p. 35.
  2. "Guerra de la Generalidad de Cataluña contra las radios piratas" ABC, 13 de xuño de 1985.